Celebrarase os días 16 e 17 de setembro de 2020 en formato híbrido puidendo seguirse de forma presencial desde Ourense ou ben virtual desde calquera parte do mundo, ocupando o espazo deixado pola cancelada Termatalia.

Despois da cancelación de Termatalia 2020 provocada pola situación de pandemia mundial, a Feira Internacional de Turismo de Saúde, Termal e Benestar organiza o 1º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde para reunir de novo á comunidade termal e para seguir situándose como un dos maiores puntos de encontro profesional e un dos máis importantes foros internacionais de coñecemento e formación especializada nestes sectores.

Co obxectivo de definir os eixos principais ao redor dos que virará o congreso, reuniuse o comité asesor de Termatalia para traballar nos contidos dun evento multidisciplinar que aborde o futuro do sector desde a conxuntura actual.

Este 1º Congreso celebrarase os días 16 e 17 de setembro de 2020, datas nas que adoita celebrarse cada ano Termatalia, e será organizado en formato híbrido, é dicir, poderá seguirse de forma presencial acudindo ás instalacións de Expourense, situado na capital termal de Ourense, ou seguirse en liña a través dunha plataforma virtual. Os relatores deste congreso, que serán recoñecidos profesionais internacionais, participarán tamén de forma mixta.

Programa e estrutura do congreso
O programa científico deste congreso abordará o turismo de saúde desde unha perspectiva multidisciplinar con especial atención á situación vivida polo sector en relación á pandemia. Para iso o congreso contará cunha xornada orientada ao Turismo de Saúde en tempos de COVID, unha sesión científica sobre Hidrología Médica, Hidroxeoloxía, Auga Envasada e Saúde, outra sobre Turismo, Innovación e Sostenibilidade e, finalmente, contará tamén con experiencias das Cidades Termais. En definitiva, o congreso contará con casos reais e experiencias que versarán sobre os protocolos de seguridade que se están aplicando no sector e mesas de debate centradas na reactivación do sector, sobre como afrontar o futuro cunha menor incerteza e como reducir o impacto económico.

A participación neste Congreso será de forma gratuíta mediante invitación de Termatalia ou das entidades colaboradoras coa feira. O formulario de inscrición e o programa de conferencias estará dispoñible nas próximas semanas.

30 de Xullo de 2020
Termatalia_Congreso_0

Termatalia organiza o 1º Congreso sobre Auga e Saúde

Celebrarase os días 16 e 17 de setembro de 2020 en formato híbrido puidendo seguirse de forma presencial desde Ourense ou ben virtual desde calquera parte […]
27 de Xullo de 2020
entre sanxenxo municipio turistico preferente

Sanxenxo convértese no primeiro concello de Galicia declarado territorio de preferente actuación turística

Coa entrega da distinción por parte da Xunta, o concello de Sanxenxo converteuse esta semana no primeiro municipio declarado territorio preferente de actuación turística, unha figura […]
24 de Xullo de 2020
fam trip agavi xunta xullo 2020

Galicia acolle un fam trip con responsables das principais axencias de viaxes españolas para promover novos paquetes turísticos vinculados coa enogastronomía

A iniciativa enmárcase no acordo asinado por AGAVI e a Xunta de Galicia, dentro do Plan de Reactivación do sector turístico Unha vintena de profesionais das […]
23 de Xullo de 2020
2020-07-22 Portada GaliciaTurismoRural.es

Galiciaturismorural.es renova a web incorporando un motor de reserva para mostrar a oferta do turismo rural de Galicia

Froito do convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) xa é posible realizar reservas directas en establecementos […]