Actividades

 A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e das Denominacións de Orixe Lucenses acordaron a creación de xornadas gastronómicas anuais para poñer en valor a gastronomía lucense. A previsión é que se organicen para o próximo mes de abril e que teñan carácter anual, co obxectivo de dinamizar a actividade do sector servizos, mediante a degustación en restaurantes de toda a provincia de produtos acreditados con selo de calidade.

Todas as entidades participantes coincidiron en destacar o papel fundamental que xoga a gastronomía e no caso concreto de Lugo, os produtos típicos da provincia, que son un valor en alza e que están intrinsecamente unidos á economía en toda a provincia. Trátase, en definitiva, dun paso máis por parte da Deputación de Lugo de usar o elemento gastronómico e os produtos autóctonos de calidade como atractivos turísticos para promocionar a provincia. “A gastronomía é clave para o desenvolvemento. Nun territorio onde cultura, tradición e diversidade van da man, a gastronomía constitúe un importante factor de promoción económica, social, turística e cultural”, destacaron desde a Deputación. Entre os obxectivos destas xornadas gastronómicas tamén se atopa a desestacionalización de produtos, como un incentivo máis que contribúa a xerar riqueza na provincia. O fin é dar continuidade á promoción de produtos fóra das épocas propias de produción.

27 de Febreiro de 2019
apehl Jorndas gastronómicas

Novas xornadas para reivindicar a gastronomía lucense

 A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e […]
25 de Febreiro de 2019
saida_visita_noia

Hostalería Compostela asina un acordo co Concello de Noia para a promoción de excursións gratuítas desde Santiago

A Asociación Hostalería Compostela asinou un acordo de colaboración co Concello de Noia para promocionar excursións gratuítas dun día á vila mariñeira desde Santiago. O obxectivo […]
21 de Febreiro de 2019
Visita Parlamento de Galicia

Visita institucional do Clúster Turismo de Galicia ao Parlamento galego

Unha ampla representación do Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia desprazouse até o Parlamento de Galicia para unha visita de carácter institucional que serviu a […]
19 de Febreiro de 2019
Dia Internacional Guia Turismo

A turismofilia centrará a celebración do Día do Guía Profesional do Turismo

Baixo o lema “Eu practico turismofilia, e ti?”a Confederación Española de Federacións e Asociacións Profesionais de Guías de Turismo decidiu centrar este ano a súa mensaxe […]