Actividades

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster Turismo de Galicia para reforzar o grao de coñecemento da rexión entre os turoperadores galegos, durante o mes de febreiro están a realizarse dúas viaxes de familiarización que permitirán aos seus participantes coñecer en profundidade estes destinos vinculados ao turismo de de natureza, viños e gastronomía.

Pazos de Ferreira, Felgueiras, Celorico de Bastos, Amarante, Baião e Resende foron os municipios elixidos para o primeiro dos fam trip, que se desenvolveu entre o 5 e o 8 de febreiro mentres que o segundo das viaxes, que se celebrará entre o 19 e o 21 de febreiro, centrarase nas localidades de Lousada, Penafiel, Marco de Canaveses, Castelo de Paiva e Cinfães.

Yu Travel, Viaxes HalcónLugo e Galicia, Five Sensations, Sente Galicia, Tee Travel, Viento Celta, Galicia Holiday e Vio Viajes son os operadores que conxuntamente co Clúster Turismo de Galicia participan nesta inciativa que, a dicir do presidente de TPNP, Melchor Moreira, serve para “estreitar as relacións e dinámicas entre Galicia e Portugal”, “consolidando a marca e a percepción do territorio para o mercado galego, ademais de xerar sinerxías transfronteirizas entre ambos os territorios”. O obxectivo final é contribuír a xerar novos fluxos de turistas que contribúan á desestacionalización do turismo portugués, incrementar a estancia media e xerar maior retorno, retos deste sector no país veciño.

Esta iniciativa insérese no Memorandum de Comprensión asinada entre a Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e a Axencia de Turismo de Galicia.

09 de Febreiro de 2017
fam trip Norte Portugal febrero 2017

Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster […]
07 de Febreiro de 2017
INCITUS

A gastrotaberna canalla e viaxeira Pracer de Coruña gaña o II Premio Incitus

Moncho Bargo á fronte de Pracer, un proxecto que el mesmo define como unha barra de cociña canalla e viaxeira, foi considerado polo xurado co mellor […]
06 de Febreiro de 2017
Single photo enhanced with easyHDR BASIC 2.13.3.

Rías Baixas sitúase á cabeza das Rutas do Viño de España en xestión e planificación

A Asociación de Rutas do Viño de España sitúa á única ruta galega amparada en ACEVIN á cabeza das 27 Rutas do Viño de España en […]
02 de Febreiro de 2017
inauguración Xantar

Xantar celebra a súa edición máis internacional con Panamá como país invitado

Máis de 200 actividades enogastronómicas converten a Xantar nunha cita anual imprescindible coa gastronomía. O Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que se celebra en Ourense entre […]