Actividades

Unha das grandes novidades deste ano na caseta galega era a presenza dun módulo diferenciado, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza que, baixo a marca ‘Patrimonio Natural de Galicia’, informaba os grandes atractivos naturais da nosa comunidade con vistas a diversificar a oferta e favorecer o desenvolvemento das áreas de influencia destes enclaves de alto valor ecolóxico.

Baixo a máxima ‘Galicia, natural e única’, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, foi a encargada de explicar tanto este módulo como a aposta da Xunta polo valor paisaxístico do territorio galego centrado en 17 recursos convertidos en ‘imáns’ para atraer turistas, especialmente turistas activos e vinculados ao goce da natureza e a paisaxe. Así estes 17 espazos cobren un radio de acción de polo menos entre 30 e 50 quilómetros co obxectivo de dinamizar economicamente as zonas nas que se atopa situada cada xoia natural incluída na lista que está conformada por: o Parque Nacional Illas Atlánticas, o seis parques naturais (Fragas do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo , Lagoas de Vixán e Carregal, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra de Enciña da Lastra); o Monumento Natural da Praia das Catedrais; espazos da Rede Natura (Carnota-Monte Pindo e Ribeira Sacra-Canóns do Sil) e o seis reservas da biosfera (os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terras de Burón, Área de Allariz, as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Terras do Miño e a tranfronteriza Xurés-Gerês).

Ademais, a Consellería tamén presentou en Fitur a nova plataforma web e aplicación móbil www.parquesnaturais.xunta.gal posta en marcha recentemente en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que inclúe información práctica sobre como chegar aos espazos naturais, rutas e servizos dispoñibles.

19 de Xaneiro de 2017
Galicia natural y unica

Os recursos naturais centran a aposta da Xunta para este ano en Fitur

Unha das grandes novidades deste ano na caseta galega era a presenza dun módulo diferenciado, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a […]
19 de Xaneiro de 2017
ferrol

Ferrol, destino cultural e Semana Santa ferrolá e de Viveiro, reclamos de primavera

A potencia da Semana Santa tanto de Viveiro como de Ferrol foi presentada en Fitur como unha oportunidade para realizar turismo cultural e gastronómico especialmente na […]
19 de Xaneiro de 2017
Termatalia en Fitur

A presentación de Termatalia en Fitur supón a posta en marcha da promoción da nova edición que este esta ano volve a Ourense

A Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar regresa a Europa e celebrarase en Ourense (Galicia-España) os días 20 e 21 de setembro de 2017 […]
18 de Xaneiro de 2017
forum gastronómico a coruña

A Coruña aposta pola gastronomía en Fitur

A cidade herculina estivo presente na cita anual en Madrid cunha aposta centrada na gastronomía, con especial atención á celebración da próxima edición do Forum Gastronómico. […]