Actividades

O itinerario enoturístico presentou programación para este ano con actividades como maxia, bicicleta en familia e catas en familia e para mulleres

Sesións de maxia, bicicleta en familia e actividades accesibles son algunhas das actividades previstas na programación anual da Ruta do Viño Rías Baixas para este 2017, actividades coas que aspiran a seguir incrementando o número de enoturistas que optan por este itinerario. En 2016 foron algo máis de 1500 as persoas que participaron nalgunha das actividades organizadas pola Ruta do Viño Rías Baixas. “Estes bos resultados anímannos a seguir innovando con propostas diferentes que poñan en valor a enogastronomía do noso territorio”, explicou o presidente da Ruta, Juan Gil de Araújo.

Maxia, deporte e astroturismo
Pola súa banda, a xerente da Ruta, Lorena Varela, desagregou o programa de actividades previsto para este 2017. “Unha das principais novidades deste ano será a Ruta de Ilusión. Trátase dun programa, incluído dentro das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, no cal ofreceremos dúas actuacións de Pedro Volta en adegas asociadas”, indicou a xerente. Esta programación especial tamén incluirá unha nova sesión da Ruta con Humor, que correrá a cargo de Quico Cadaval. Outra das grandes novidades deste ano será a Ruta de Estrelas, que se desenvolverá durante o verán. Esta iniciativa comprenderá “unha visita nocturna a unha adega asociada cunha posterior observación de estrelas”, indicou a xerente.

Tamén se ofrecerá a proposta Bici en familia, que se desenvolverá no municipio das Neves yq ue unirase unha nova edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas, que, nesta ocasión, celebrarase na subzona de Condado do Tea. Ademais, ofreceranse outros dous novos percorridos dirixidos aos amantes do sendeirismo.

Actividades accesibles
Dentro das actividades de accesibilidade, organizouse, de modo conxunto coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, unha visita e cata de viños signada co fin de achegar a este colectivo ao enoturismo. “Ademais, estamos a preparar tamén outra iniciativa dirixida a persoas con parálise cerebral”, adiantou Lorena Varela.

Tamén como novidades deste 2017 destacan diversas visitas á Ruta do Viño Rías Baixas. Entre elas, atópase o Fam Trip da Ruta do Viño de Montilla-Moriles, ademais do percorrido que os alumnos do Máster de Turismo realizarán o próximo 9 de marzo. Desde a Ruta do Viño Rías Baixas realizarán, así mesmo, unha viaxe de familiarización a unha das Rutas do Viño de España co fin de intercambiar experiencias e ampliar os seus coñecementos.

Manteranse para este ano programas específicos xa consolidados como as Catas entre Amigos, que comezaron o pasado venres cunha degustación de tintos Rías Baixas en Santiago de Compostela; a Cata polo Día Internacional da Muller, que se desenvolverá o día 10 de marzo ás 20.00 horas no Pazo de Mugartegui e que xa ten todas as súas prazas completas ou o V Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, acto central dentro das actividades polo Día Europeo do Enoturismo. A esta iniciativa tamén se sumará a celebración dunha nova cata de viños pola Ría de Arousa a bordo dun catamarán.

07 de Marzo de 2017
20170302_rprutarrbb (3)

Máis de 1500 persoas participaron nalgunha das actividades da Ruta do Viño Rías Baixas en 2016

O itinerario enoturístico presentou programación para este ano con actividades como maxia, bicicleta en familia e catas en familia e para mulleres Sesións de maxia, bicicleta […]
06 de Marzo de 2017
interrías fitur

Viaxes InterRías pecha o ano 2016 cun crecemento do 10%

O turoperador Viaxes InterRías pechou o ano 2016 cun crecemento do 10% nun ano que o director comercial da compañía, Fabián Buenzas, cualifica de “ascendente e […]
03 de Marzo de 2017
camelia

A Camelia camiño da profesionalización como produto turístico

Baixo a máxima de que a camelia é un recurso diferenciador único e que a enorme riqueza e expansión desta flor en Galicia converteuna nun valor […]
02 de Marzo de 2017
Jornada Turismo Rural marzo 2017

O turista rural que elixe Galicia ten un alto índice de fidelización, identifícase co ecoturismo e valora especialmente o trato personalizado e a contorna

A xornada Turismo Rural celebrada en Santiago serviu para coñecer as principais conclusións do último informe do Observatorio de Turismo Rural para o sector en Galicia […]