Actividades

A Consellería de Medio Rural tamén acordou colaborar coa entidade ouresana na próxima edición de Vinis Terrae

O presidente do CRDO Monterrei, José Antonio Dá Silva e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, ratificaron un ano máis de colaboración entre ambas as entidades, que se estreitará en eventos especializados no sector do viño como é o caso de Xantar ou Vinis Terrae. Precisamente nesta última, que se celebrará no recinto feiral ourensán o próximo mes de abril, a Consellería de Medio Rural tamén estará presente, segundo acordaron a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo co responsable de Expourense.

O convenio co D.O. Monterrei traducirase nunha presenza destacada en eventos especializados como Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, onde o Consello Regulador organizou na edición pasada unha cata comentada e onde tamén se puideron coñecer os viños das distintas adegas adscritas no Túnel do Viño.A ratificación deste convenio, inclúe ademais o traballo conxunto nas distintas accións promocionais nacionais e internacionais que ambas as entidades realizan ao longo do ano. Deste xeito, o viño de Monterrei poderá promocionarse nas feiras internacionais ás que acode Expourense e viceversa.

Expourense e o CRDO Monterrei poderán colaborar ademais na organización de misión comerciais internacionais que teñan o obxectivo de promover os viños galegos. Este é un dos obxectivos de Vinis Terrae, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, previsto para os próximos días 3 e 4 de de abril onde Monterrei terá unha caseta e promoverá a participación nela das 25 adegas adscritas. Xunto a el tamén estará a Consellería de Medio Rural, que comprometeu a súa colaboración nun salón estritamente profesional, que reúne aos representantes das adegas do cinco denominacións de orixe galegas (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra) e a compradores tanto nacionais como internacionais, para planificar a venda do viño galego nos diferentes mercados. Este ano Vinis Terrae se centará especialmente en mercados como o norteamericano e centroamericano, así como cos pertencentes aos países procedentes do centro e norte de Europa (mercados anglosaxón e nórdico, fundamentalmente).

16 de Febreiro de 2017
2017021318354074296

D.O Monterrei renova por un ano a súa colaboración con Expourense

A Consellería de Medio Rural tamén acordou colaborar coa entidade ouresana na próxima edición de Vinis Terrae O presidente do CRDO Monterrei, José Antonio Dá Silva […]
09 de Febreiro de 2017
170223_Update_Turismo_IV

Arrinca o programa #UpDatePeme para reducir a fenda dixital nas empresas galegas

Amtega inaugurará este novo programa cunha sesión dedicada ao sector turístico o próximo 23 de febreiro Co obxectivo de reducir a brecha entre a tecnoloxía existente […]
09 de Febreiro de 2017
fam trip Norte Portugal febrero 2017

Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster […]
07 de Febreiro de 2017
INCITUS

A gastrotaberna canalla e viaxeira Pracer de Coruña gaña o II Premio Incitus

Moncho Bargo á fronte de Pracer, un proxecto que el mesmo define como unha barra de cociña canalla e viaxeira, foi considerado polo xurado co mellor […]