Actividades

Baixo a máxima de que a camelia é un recurso diferenciador único e que a enorme riqueza e expansión desta flor en Galicia converteuna nun valor paisaxístico e patrimonio que sitúa ao noso territorio como referente internacional, Turismo de Galicia ven de avanzar que a administración autonómica porá en marcha o Comité da Ruta da Camelia que suporá “un paso definitivo” na profesionalización dos xardíns que se inclúen neste produto único.

A responsable de Turismo da Xunta tamén avanzou outras accións previstas como a posta en marcha dunha campaña de viños e camelias, así como a participación cun xardín de deseño inspirado en Galicia, dedicado á camelia, no Festival Internacional de Xardinaría de Hampton Court. “Iniciativas que continúan coa aposta por potenciar esta Ruta da Camelia que temos a sorte de ter en Galicia”, explicou.

E é que as actividades vinculadas coa camelia sucédense nestes días e ás XXII Xornadas Arredor da Camelia, organizadas pola Asociación Amigos dá Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra celebradas esta semana á beira do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, sucedeulle o Congreso Internacional Camelia e Paisaxismo, unha iniciativa da Escola de Paisaxismo de Galicia que se celebrou o 2 e 3 de marzo no Pazo de Rubiáns coa participación de expertos mundiais nesta flor que permitiron coñecer de primeira man tanto a historia das camelias, actualidade, presenza noutros territorios, beleza das súas variedades como o seu potencial ornamental e paisaxístico. As xornadas, impulsadas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e a USC, tiveron ademais como un dos seus obxectivos aproveitar as investigacións levadas a cabo por Gao Yiyin, profesor do Instituto de Investigacións de Silvicultura Subtropical e Arquitectura de Paisaxes de China para avanzar no cultivo de variedades de camelia que florezan todo o ano, algo que xa se conseguiu no país asiático, o que permitiría gozar desta flor tamén durante o verán. Ademais, a Deputación de Pontevedra quere seguir incrementado o seu número de Xardíns de Excelencia Internacional da Camelia, presentando as candidaturas do Pazo da Saleta e de Quinteiro da Cruz. Este último acollerá, ademais, unhas xornadas sobre camelia e gastronomía a finais do mes de marzo.

Na actualidade a nosa comunidade é o segundo lugar con máis variedades de camelia despois do Xapón, ao albergar máis de duascentas especies e preto de 30 mil variedades diferentes de camelias. Ademais, ningún outro lugar ofrece ao visitante unha variedade de especies de flor de camelia, de coleccionistas, de exposicións e de produtores de planta de camelia que se pareza á de Galicia. Mesmo a súa presenza atópase nos centros das cidades, converténdose, para moitos galegos, na flor insignia de Galicia, explicou a directora de Turismo de Galicia.

Con sinalización turística propia
A través da Ruta da Camelia, un referente internacional formado por unha ducia de xardíns tanto públicos como privados, a Xunta de Galicia segue apostando por pór en valor o noso patrimonio histórico e botánico permitindo descubrir os recursos dos concellos nos que se sitúan os principais enclaves e xardíns con camelias e que teñen a súa sinalización turística propia para identificala.

03 de Marzo de 2017
camelia

A Camelia camiño da profesionalización como produto turístico

Baixo a máxima de que a camelia é un recurso diferenciador único e que a enorme riqueza e expansión desta flor en Galicia converteuna nun valor […]
02 de Marzo de 2017
Jornada Turismo Rural marzo 2017

O turista rural que elixe Galicia ten un alto índice de fidelización, identifícase co ecoturismo e valora especialmente o trato personalizado e a contorna

A xornada Turismo Rural celebrada en Santiago serviu para coñecer as principais conclusións do último informe do Observatorio de Turismo Rural para o sector en Galicia […]
28 de Febreiro de 2017
fio 2017

Os recursos ornitolóxicos galegos estiveron presntes na FÍO de Estremadura

Turismo de Galicia acudiu a esta feira especializada con caseta propia Por sétima edición consecutiva, Turismo de Galicia presentou os recursos ornitolóxicos cos que conta o […]
27 de Febreiro de 2017
CataEntreAmigosSantiago3

Primeira Cata entre Amigos da Ruta do Viño Rías Baixas en 2017

O sumiller Jose Luís Arangude foi o encargado de conducir a primeira das Catas entre Amigos que a Ruta do Viño Rías Baixas celebrou este 2017, […]