Actividades

Co obxectivo de fortalecer de novo a entidade e que volva ser un referente na cidade, a Asociación Hostalaría de Compostela aprobou cambios nos seus estatutos entre os que se destacan fundamentalmente o establecemento dunha presidencia única, a redución da xunta directiva e a supresión do comité executivo.
Con estas accións preténdese eliminar as tensións entre Hospedaxe e Restauración á vez que se quere conformar unha entidade máis operativa e resolutiva. Así, os novos estatutos establecen unha presidencia e vicepresidencia única que recaerá en respresentantes das ramas de Hospedaxe e Restauración de maneira cíclica, rotando cada dous anos. Os novos cargos decidiranse nas eleccións que se convocarán despois do verán, momento en que tamén entrarán en vigor os cambios introducidos nos estatutos.
Outro dos cambios máis importantes é a redución da xunta directiva, que pasará de 24 membros a 12, seis representantes de Hospedaxe e outros tantos de Restauración, unha redución que tamén propiciou a eliminación do comité executivo, para evitar duplicidades. A materialización dos cambios, que foron introducidos nos estatutos antes do verán, non se producirá ata que se convoquen novas eleccións. Os dous presidentes actuais, Sara Santos (Hospedaxe) e Antonio Riveiro (Restauración) indicaron que as eleccións se convocarán tras o verán, cando termine a tempada alta e reláxese o traballo. Ambos teñen previsto concorrer ás eleccións, do mesmo xeito que outros representantes actuais. Carlos Tardáguila apuntou que no equipo actual hai moitas persoas novas «con moitas ganas para traballar polo sector», e lembrou que 90 % dos socios son pequenas empresas.

21 de Agosto de 2017
Logo_CompHosteleria-Positivo

Cambios na organización interna de Hostalaría Compostela

Co obxectivo de fortalecer de novo a entidade e que volva ser un referente na cidade, a Asociación Hostalaría de Compostela aprobou cambios nos seus estatutos […]
14 de Agosto de 2017
mision comercial WTM 17

Aberto prazo para inscribirse na próxima misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 6 ao 8 […]
08 de Agosto de 2017
turismo rural campaña 17 ES FINAL

Sorteos de estancias de turismo rural e viaxes ás Illas Atlánticas para fomentar a oferta complementaria na segunda edición de Turismo Rural, Agora Tamén

A campaña, que convida os visitantes a seguir descubrindo a oferta turística galega, desenvolverase os meses de agosto, setembro e outubro Co obxectivo de mellorar a […]
07 de Agosto de 2017
iguacu 1

Posta en marcha dos traballos para que Foz de Iguaçú acolla Termatalia Brasil 2018

O director da feira, Alejandro Rubín Carballo, e o director xeral de Fundo Iguaçú, Carlos Silva, asinaron en Foz de Iguaçú o documento que converterá a […]