Actividades

O impacto económico do enoturismo nas “Rutas do Viño de España” aumentou máis dun 20% no ano 2018, segundo o informe publicado pola Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) e elaborado en base aos case 2.000 socios da entidade.

Segundo o documento, foron case 3 millóns de persoas as que visitaron as adegas e museos do viño asociados a Rutas do Viño de España, o que supón un descenso dun 7,8% con respecto ao 2017 motivado pola saída do club de dúas rutas: Txakoli e Empordà, a última delas a de maior afluencia de visitantes. A pesar deste descenso no número de visitas, provocado pola baixa desas dúas rutas, o novo informe de ACEVIN desvela que o gasto en adegas e museos aumentou un 20,5%, até situarse nos máis de 80 millóns de euros. Esta cifra calcúlase tendo en conta dous factores: o prezo da visita estándar e o gasto medio por visitante nas adegas e museos asociados ás Rutas do Viño de España. Estes datos constatan igualmente a madurez do sector, que tende a ofrecer servizos máis profesionais e de maior valor.

As Rutas do Viño e o Brandy do Marco de Xerez e a Ruta do Viño e o Cava do Penedès Enoturisme Penedès continúan ocupando os primeiros postos, con 582.351 e 441.467 visitantes respectivamente. Séguenlles as Rutas do Viño de Ribeira do Douro, Rioxa Alta, Calatayud, Rioxa Alavesa e Rías Baixas (onde se superan os 100.000 visitantes anuais) e Somontano, Utiel-Requena, Garnacha-Campo de Borja e Lleida (que perciben cifras entre os 50.000 e os 100.000 visitantes). A de Rías Baixas, a única galega amparada dentro das Rutas dos Viños de España, sitúase no sétimo lugar en número de visitantas e no secto en número de servizos turísticos ofertados, e que conseguiu crecer un 1,8% no número de visitantes a adegas respecto ao anterior informe.

En canto á procedencia dos visitantes, o mercado nacional volve estar moi por encima do internacional e, de feito, presenta un crecemento do 0,2%, mentres que o mellor momento para practicar enoturismo segue sendo a época da vendima, polo que a maior afluencia de visitas concéntrase nos meses de setembro e outubro aínda que tamén crece na primavera. Precisamente por iso en Galicia promociónanse nesta época as Xornadas de Portas Abertas, que se celebrarán no cinco rutas do viño de Galicia que serán entre os días 7 e 9 nas Rutas do Viño de Rías Baixas e do Ribeiro, mentres que entre os días 14 e 16 do mesmo mes de xuño celebraranse estas Xornadas de Portas Abertas nas outras tres Rutas do Viño Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

23 de Maio de 2019
enoturismo jovenes

O impacto do enoturismo nas Rutas do Viño de España aumentou un 20% en 2018

O impacto económico do enoturismo nas “Rutas do Viño de España” aumentou máis dun 20% no ano 2018, segundo o informe publicado pola Asociación Española de […]
21 de Maio de 2019
firma convenio sabadell

Banco Sabadell pon a disposición dos asociados do Clúster Turismo de Galicia unha liña de financiamento para investimentos no sector por importe de 200 millóns de euros

No marco da xornada formativa sobre financiamento turístico celebrada na Cidade da Cultura, as entidades organizadoras, CTG e Sabadell asinaron unha ampliación de convenio de colaboración […]
21 de Maio de 2019
jornadas financiacion 3

Profesionais do sector turístico profundan en ferramentas e axudas financeiras para mellorar as súa competividade

A Cidade da Cultura acolleu a xornada de formación a profesionais de sector turística orientada a coñecer en maior profundidade as ferramentas financeiras de que dispoñen […]
15 de Maio de 2019
Firma convenio Cluster TIC

Clúster Turismo de Galicia e Clúster TIC cooperarán para a mellora da competitividade do sector turístico

Ambas as entidades asinaron un acordo marco de colaboración para impulsar proxectos de interese común para ambos os sectores Co obxectivo de continuar avanzando na xeración […]