Actividades

A iniciativa permitiu incrementar a visibilidade da comunidade de Presume de Galicia e o número de presumidores e fotografías compartidas

Ruta Presume de Galicia percorreu un total de 10 emprazamentos no catro provincias sumando máis de medio milleiro de novos presumidores

Baiona foi a última parada da “Ruta Presume de Galicia”, unha campaña impulsada polo Clúster Turismo de Galicia durante o mes de agosto en Galicia co obxectivo de converter en embaixadores da marca Galicia aos nosos visitantes e veciños. En total foron dez emprazamentos turísticos no catro provincias os que recibiron a visita de Presume de Galicia durante este mes de agosto, tempo no que se conseguiu incrementar notablemente o número de presumidores con máis de 500 rexistros e máis case 600 fotografías novas, nas que aparecen máis de 1500 persoas fotografíadas. Ademais, conseguiuse tamén incrementar o recoñecemento da marca Presume de Galicia, cumprindo así os obxectivos da campaña.

O acto de clausura da campaña contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen estivo acompañada do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves así como do alcalde de Baiona, Anxo Rodal, concelleiros e representantes do sector turístico de Baiona e da provincia de Pontevedra.

Pola súa banda, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, mostrou o seu agradecemento a todas as persoas que participaron na promoción durante este mes e ás institucións e concellos que colaboraron para facer posible a primeira Ruta Presume de Galicia. “Era a primeira ocasión na que sacabamos a iniciativa Presume de Galicia á rúa e os resultados foron moi satisfactorios, habemos incrementando usuarios na web e nas redes sociais, participantes na comunidade e visibilidade para a marca que busca promocionar o Destino Galicia”.

Presume de Galicia continuará funcionando na web e nas súas redes sociais, animando a todo o que así o queira a subir unha fotografía “presumindo de Galicia” á a web www.presumedegalicia.com para converterse así nun “presumidor” de Galicia e optar a gañar premios. A comunidade virtual conta xa con máis de 200 mil seguidores nas diferentes redes sociais ao longo dos seus dous anos de existencia e conta xa con máis de 3000 fotos, 500 das cales se subiron desde o comezo da Ruta Presume de Galicia.

24 de Agosto de 2017
Cierre Baiona Ruta Presume de Galicia 2017

Presume de Galicia conclúe a súa ruta en Baiona cun balance moi positivo

A iniciativa permitiu incrementar a visibilidade da comunidade de Presume de Galicia e o número de presumidores e fotografías compartidas Ruta Presume de Galicia percorreu un […]
23 de Agosto de 2017
CaminandoEntreVinhedos03

Máis de cincuenta persoas participaron nunha nova xornada de Camiñando entre viñedos

Máis de medio centenar de persoas participaron onte na xornada Camiñando entre viñedos organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, unha xornada de sendeirismo de dificultade […]
22 de Agosto de 2017
vuelta ciclista 2017

E para comer Lugo leva por sexto ano consecutivo a promoción gastronómica da provincia de Lugo á Volta Ciclista a España

Por sexto ano consecutivo a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APHEL) volve levar o seu posto de promoción da gastronomía da […]
21 de Agosto de 2017
Logo_CompHosteleria-Positivo

Cambios na organización interna de Hostalaría Compostela

Co obxectivo de fortalecer de novo a entidade e que volva ser un referente na cidade, a Asociación Hostalaría de Compostela aprobou cambios nos seus estatutos […]