Actividades

Un total de 27 novos establecementos e servizos turísticos incorpóranse a esta lista que recoñece a aposta pola excelencia e fortalece Galicia como destino

A aposta de Galicia pola excelencia vén de ser recoñecida coa primeira posición a nivel nacional na clasificación das Q de Calidade Turística, distincións concedidas polo Instituto para a Calidade Turística de España. A nosa Comunidade supera así por vez primeira a Andalucía despois de que 27 novos establecementos e servizos téñanse incorporados nestes meses.
Cun total de 273 recoñecementos Q de Calidade Turística, o liderado de Galicia é especialmente salientable en varios campos considerados fundamentais na Estratexia do turismo de Galicia 2020 como as instalacións náutico deportivas, as casas de turismo rural, o turismo industrial e o turismo activo, os balnearios e os hoteis. En concreto, seis de cada dez instalacións náutico deportivas con Q de Calidade en España están en Galicia, un 63,6%. No turismo rural, a metade dos establecementos de hospedaxe que ostentarán en 2018 este recoñecemento son galegos, un 47%. O mesmo sucede cos servizos e infraestruturas de turismo industrial (46%), do turismo activo (37,5%) e cos balnearios (23%). Case o 20% dos hoteis con Q de Calidade seguirán estando en Galicia este ano, en concreto 71 dos 393 repartidos por España, unha garantía para os viaxeiros. Outros ámbitos onde a nosa Comunidade sobresae son as axencias de viaxes e os servizos de restauración. Neste último Galicia gaña 11 certificacións e ocupa o segundo posto.
Excelencia e competitividade
Estes novos datos mostran, unha vez máis, o compromiso do sector turístico galego en dúas direccións: a consolidación dun destino cada vez máis competitivo, onde se prima a calidade sobre a cantidade; e o interese por ofrecer aos viaxeiros o mellor servizo posible como parte da vontade dos galegos por brindar sempre a mellor acollida aos que nos visitan.

12 de Xaneiro de 2018
QdeCalidad

Galicia convértese na comunidade con máis distincións Q de calidade turística con liderado en diversos campos estratéxicos

Un total de 27 novos establecementos e servizos turísticos incorpóranse a esta lista que recoñece a aposta pola excelencia e fortalece Galicia como destino A aposta […]
09 de Xaneiro de 2018
FITUR 2018 agenda profesionañ

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

A poucos días da celebración da nova edición da Feira Internacional de Turismo 2018 en Madrid, o Clúster Turismo de Galicia ultima a súa participación na […]
03 de Xaneiro de 2018
Encuentro anual AGAFE Expourense 2017

AGAFE celebra en Expourense a súa asemblea anual facendo balance das 85 feiras e 500 eventos realizados en 2017

“Mundo ferial” entrega a Alejandro Rubín un recoñecemento como o destacado directivo do sector no 2017 en honra á súa traxectoria de internacionalización A Asociación Galega […]
22 de Decembro de 2017
presentacion club da auga

Nace o Club da Auga de Galicia, impulsado por Turismo de Galicia

Turismo de Galicia presentou unha nova iniciativa turística, orientada á xeración de produtos turísticos especializados e innovadores que contribúan a contruir unha oferta turística competitiva e […]