Actividades

Compostela acolleu o primeiro Partners Event de Expedia Group en Galicia nun acto no que se deron a coñecer algúns datos extraídos dos usuarios de Expedia no seu comportamento ao visitar Galicia.

Os datos, que foron dados a coñecer na sede da Asociación Hostalaría Compostela, pemitieron coñecer aos hostaleiros algunso datos concretos sobre o mercado turístico galego que, a decier da directora de Mercados para España e Portugal de Expedia Group, Carrie Davidson, “é un destino cun gran potencial”.

Segundo os datos achegados por Expedia, as cidades máis visitadas en Galicia no primeiro trimestre de 2018 (que corresponde á tempada baixa) son, por esta orde, Santiago, A Coruña e Vigo. Os visitantes deste tres cidades xuntas suman o 60% dos viaxeiros que visitan Galicia, o que é consistente coa preferencia polas escapadas de fin de semana, especialmente de turistas nacionais que se desprazan a Galicia nesta tempada, o que fai que a media da estancia sitúese ao redor dos dous días.

Entre as conclusións do informe tamén se destacou que a demanda cara aos destinos galegos incrementouse nun 25% no primeiro trimestre de 2018 respecto ao ano pasado, incrementándose a tarifa media por noite (ADR) nun 10%, o que dá mostra da crecente desestacionalización.

Nesta época do ano os aloxamentos galegos manteñen prezos que os fan moi atractivos para os viaxeiros, e, tendo en conta que se consegue un saudable incremento do ADR, os principais mercados que visitan Galicia son España (que creceu nun 50% respecto ao mesmo período de 2017), EEUU (que se incrementou un 55%), Francia (cun crecemento próximo ao 30% sobre o mesmo período de 2017) e Reino Unido (con incrementos de case o 10%), polo que esforzos de promoción nestes mercados son moi interesantes.

Paquetización da demanda

O informe de Expedia tamén destaca que as estancias ligadas a un paquete (a combinación de dúas ou máis servizos con hotel, como voos, trens, alugueres de coches) son lixeiramente máis longas que as reservas só de aloxamento, alcanzando o tres días. Promocionar paquetes cara a destinos galegos é unha oportunidade para os hoteis desta comunidade autónoma, especialmente para pontes e fins de semana longos. De feito a demanda de paquetes en Galicia incrementouse un 65% respecto ao mesmo período do ano anterior sendo os viaxeiros nacionais, e de EEUU e Francia son os principais mercados que demandan paquetes dinámicos. Sumados, este tres mercados representan case o 70% de toda a demanda de paquetes a Galicia.

Os viaxeiros reservan cunha media dun mes de antelación, unha marxe de tempo que se traduce en oportunidades para combinar visitas e estancias en diversos destinos galegos. No caso do viaxeiro nacional, a antelación é menor, ao redor de dúas semanas, o que fai a reserva máis impulsiva e susceptible de captar con ofertas.

29 de Maio de 2018
CarrieDavidsonRitaSobrado2

Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

Compostela acolleu o primeiro Partners Event de Expedia Group en Galicia nun acto no que se deron a coñecer algúns datos extraídos dos usuarios de Expedia […]
25 de Maio de 2018
enoturismo

As rutas do viño de Ribeiro e Rías Baixas celebran as súas Xornadas de Puertas Abertas

Buses do viño, visitas a adegas e actividades para toda a familia son algunhas das máis de trinta propostas que estas rutas pon a disposición do […]
24 de Maio de 2018
workshop GDA 2

Un cento de empresas turísticas galegos apostan polo turismo activo para dinamizar a súa oferta

A Cidade da Cultura acolleu un workshop para dar a coñecer a marca Galicia Destino Activo e promover sinerxías entre empresas Os produtos turísticos xerados no […]
24 de Maio de 2018
puerto de sanxenxo

ASNAUGA lidera as Bandeiras Azuis de portos deportivos en Galicia co 80% do total

Un total de 15 portos deportivos galegos ondean este ano a Bandeira Azul, o distintivo outorgado polo organismo europeo ADEAC- FEEE, dos cales 12 son Clubs […]