Actividades

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia ofrece un total de 23 bolsas de formación para o seu próximo curso académico, unhas axudas que poden solicitarse até o 22 de agosto. Das 23 axudas que se ofertan, 20 son para os alumnos que se formen no curso Superior en Xestión Hoteleira, que dura 4 anos, e as tres restantes están dirixidas aos alumnos do Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña, actividade formativa de 2 anos.

As bolsas do CSHG concédense para todos os anos que dura a titulación, sendo dúas delas consideradas de excelencia académica. Neste caso estarán dotadas cunha contía económica de 6.236,3 euros cada ano da titulación sempre que o alumno aprobe todas as materias con 20% máis da nota que a media da clase. As restantes 18 bolsas, de carácter ordinario, terán unha dotación económica variable en función dos ingresos e o expediente académico. O seis primeiros beneficiarios accederán a unha bolsa de 6.236,2 euros, o 80% da matrícula, e os 12 restantes a unha bolsa de 3.750 euros cada ano, o 50% da matrícula.

Para os alumnos do Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña, o tres bolsas se concenden en base aos ingresos e ao expediente académico, podéndose beneficiar de bolsas de 3.750 euros cada ano, o 50% dá matrícula, todas elas renovables sempre que o alumno aprobe todo e non supere o máximo de ingresos.

Exencións e facilidades de pago
O CSHG tamén conta con exencións dun 50% para candidatos de familias numerosas de carácter xeral ou que teñan unha discapacidade do 33% ou superior. A maiores, os candidatos de familias numerosas de carácter especial e outros casos que contempla a lei teñen a matrícula gratuíta. Así mesmo, o CSHG ofrece a posibilidade de fraccionar o pago e dispón de acordos con varias entidades bancarias con condicións especiais para afrontar a matrícula.

Descarga a convocatoria de axudas

Descarga o modelo de solicitude

22 de Xullo de 2016
CSHG logo

Convocadas bolsas de formación para o próximo curso académico do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia ofrece un total de 23 bolsas de formación para o seu próximo curso académico, unhas axudas que poden solicitarse […]
20 de Xullo de 2016
albergues camino santiago

Asociacións de albergues privados denuncian malas prácticas e competencia desleal no Camiño de Santiago

As asociacións Asociación Rede Galega de Albergues Privados (Agalber), Asociación Solpor e a Rede Española de Albergues Privados asinaron un manifesto, “Xuntos polo Camiño”, no que […]
20 de Xullo de 2016
certificados-cultura-vino-basico-y-avanzado-2

O Instituto Galego do Viño e Afundación organiza dous cursos de cata de viños para afeccionados e profesionais

Baixo a denominación “Cerficado en cultura do viño”, o Instituto Galego do Viño en colaboración con Afundación acaba de abrir o prazo para inscribirse en senllos […]
19 de Xullo de 2016
d2a71c2c-8473-4fee-9a65-6674dc06f7ed

Vigo acolle a I Xornada sobre turismo chinés en Galicia

Impulsada pola concellaría de Turismo de Vigo e a Asociación de Galegos en China, Vigo acollerá o xoves 21 de xullo a I Xornada sobre Turismo […]