Actividades

Promocionar o uso dos campos de golf galegos por parte dos deportistas holandeses así como promocionar o turismo de golf e a oferta turística galega a través de medios de comunicación deste país foron os obxectivos cos que Turismo de Galicia abordou a súa participación no torneo KLM Open 2016, que se celebrou neste país e no que participan os mellores xogadores de Europa.

Con estas premisas o departamento da Xunta instalou unha caseta no campo de golf de Spijk, onde se desenvolveu a proba, e no que ofreceu información turística e deportiva de Galicia así como das posibilidades que ofrece a Comunidade galega para a práctica do golf, ademais de promover o turismo galego a través de contactos cos medios de comunicación, asociacións de golfistas e operadores turísticos especializados.Cabe sinalar que na actualidade existen conexións aéreas directas entre Galicia e Holanda o que facilita o acceso á Comunidade galega dos visitantes holandeses.

O ‘KLM Open 2016’, é un torneo do Circuíto Europeo Profesional, e conta cunha participación dos mellores xogadores de Europa, así como de América, Asia, Oceanía e África, ademais de concentrar un gran número de espectadores, non só holandeses, senón de distintos países limítrofes como Bélxica, Francia, Alemaña, Reino Unido, ou Dinamarca que son de interese para o noso destino.

12 de Setembro de 2016
feria KLM

Promoción en Holanda dos campos de golf galegos

Promocionar o uso dos campos de golf galegos por parte dos deportistas holandeses así como promocionar o turismo de golf e a oferta turística galega a […]
08 de Setembro de 2016
DeTapasxGalicia

Cal será a mellor tapa de Galicia en 2016?

A nova edición de De Tapas por Galicia desenvolverase entre o 9 de setembro e o 27 de novembro en sete cidades galegas Un autobús promocional […]
06 de Setembro de 2016
outono gastronomico

Volve o Outono Gastronómico a 92 casas de turismo rural de Galicia

Do 16 de setembro ao 18 de decembro, esta promoción que chega á súa décima edición, volverá promocionar a oferta turística rural a través de menús, […]
06 de Setembro de 2016
IMG_4434-1

A oferta turística galega estará presente en catro feiras sectoriais no mes de setembro

Unibike, en Madrid, JATA en Xapón, Gran Pavois en Francia e Termatalia en México serán as citas nas que estará presente o sector a través de […]