O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 5 ao 7 de novembro de 2018. A misión comercial iniciarase o domingo 4 de novembro, saíndo desde o aeroporto da Coruña con destino a Londres, e concluirá o mércores, 7 de novembro.
O número máximo de participantes é de 30 persoas e o prazo está aberto ata o 31 de agosto, dirixido a empresas de comercialización e distribución, aloxamento e oferta complementaria así como empresas e entidades do sector turístico doutros ámbitos, segundo o criterio establecido polo Clúster. Ademais dos participantes, a misión completarase con membros do Consello executivo do CTG. Todos eles contarán con traslado en Londres, entre o hotel e a feira.
Así mesmo, disporán dun servizo de xestión de axenda de reunións con tour operadores do Reino Unido, que ten como obxectivo incrementar o éxito da misión comercial, proporcionándolles unha primeira toma de contacto con empresas que poidan comercializar os seus produtos e servizos no mercado inglés. Neste sentido recoméndase a todos os participantes que revisen as características desta axenda comercial nesta ligazón, o que lles permitirá preparar a feira co maior aproveitamento posible.
Aqueles que desexen participar nesta misión comercial deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a pre-reserva.

17 de Xullo de 2018
wtm london mision comercial

Aberto prazo de inscrición para a nova misión comercial á World Travel Market de Londres

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 5 ao 7 […]
08 de Xuño de 2018
visita stand Turexpo 2018

O Clúster Turismo de Galicia participa na oitava edición de Turexpo

Máis de 40 turoperadores de 12 países, 45 festas de interese turístico, decenas de casetas de entidades públicas e privadas para dar a coñecer a oferta […]
07 de Xuño de 2018
Comité Expertos Termatalia

Unha vintena de expertos en turismo de saúde reúnense para perfilar as accións profesionais de Termatalia Brasil 2018

A celebración do 1º Encontro Latinoamericano de Termalismo será unha das novidades da nova edición de Termatalia, que terá lugar entre o 12 e o 14 […]
06 de Xuño de 2018
feria

O sector feiral en Galicia destaca o seu impacto económico e social con motivo da celabración do seu Día Internacional

Con motivo da celebración do Global Exhibitions Day (GED), o Día Internacional das Feiras, a Asociación Galega de Feiras/Eventos (AGAFE) destacou o peso que a actividade […]