Turismo de Galicia e o sector turístico galego no seu conxunto apostan en 2017 polas feiras profesionais de carácter internacional e especializadas, continuando así co traballo de internacionalización e procura de novas canles de comercialización para a marca Galicia. Así, no calendario provisional de asistencia a Feiras que comunicou Turismo de Galicia a oferta turística galega estará presente nun total de 33 feiras turísticas profesionais, dez nacionais e 23 internacionais. Estas últimas levarán os produtos turísticos do noso territorio a paises como Xapón, China, Brasil, Canadá, Rusia, Reino Unido, Holanda, Italia, Alemaña ou Austria, entre outros.
A presenza neste tipo de encontros profesionais permite ás nosas empresas establecer contactos e relacións comerciais e adaptar mellor os nosos produtos turísticos ás necesidades que lles trasladan os turoperadores, ben sexa en mercados xa consolidados como o europeo (Italia, Alemaña, Reino Unido…) ou en novos mercados como o Chinés ou o canadense. Ademais, a particicipación en feiras especializadas en turismo relixioso, o ornitolóxico, o náutico ou o de reunións permite orientar a nosa oferta turística cara a nichos de mercado con grandes posibilidades de crecemento e de futuro.

Descarga o calendario provisional de Feiras 2017 de Turismo de Galicia

12 de Decembro de 2016
feria KLM

A oferta turística galega estará presente polo menos en 33 feiras de turismo en 2017

Turismo de Galicia e o sector turístico galego no seu conxunto apostan en 2017 polas feiras profesionais de carácter internacional e especializadas, continuando así co traballo […]
30 de Novembro de 2016
IBTM Barcelona 2016

O turismo galego de reunións dáse cita na feira IBTM World de Barcelona

O sector MICE galego participa esta semana na maior feira nacional especializada en turismo de congresos, IBTM World de Barcelona, que reúne a máis de 17.500 […]
17 de Novembro de 2016
1100-INTUR-Home-web

Valladolid acolle unha nova edición de Intur, a feira do turismo de interior

INTUR, Feira Internacional do Turismo de Interior, na que se dan cita empresas, institucións públicas e profesionais que traballan nos distintos ámbitos do turismo de interior […]
15 de Novembro de 2016
fitur 2017

E despois da WTM… arrinca FITUR

Unha edición máis o Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na cita nacional máis importante para o sector turístico, FITUR, que se celebrará en IFEMA […]