Baixo o título “Preparación de Pemes Turísticas Galegas para a súa Asistencia e Aproveitamento das Bolsas Internacionais de Contratación”, a Feira Internacional de Galicia A Banca, co apoio de Turismo de Galicia desenvolve até o 11 de outubro un programa de cursos en diferentes localidades galegos para mellorar a formación das pequenas e medianas empresas turísticas galegas de face á súa participación no Salón Internacional de Turismo Turexpo Galicia 2017, que se celebrará en Sileda en xuño do ano que vén.

O obxectivo deste programa, que chega á súa segunda edición, é formar a estas pemes para que a súa participación na bolsa de contratación que se promove en Turexpo sexa un éxito, contribuíndo a potenciar estes negocios e dinamizando o sector turístico galego. O  programa consta de oito cursos noutras tantas localidades galegas, que xa comezou esta semana na Coruña e Ferrol e que continuará en Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo. Cada curso, sen custo algún para os seus participantes, desenvólvese cun grupo reducido de alumnos e está composto por clases presenciais, seguimento individual online ou telefónico entre sesións e unha posta en común para valorar o aprendido.

Programa de contidos

Entre os contidos que se abordan no curso destaca o deseño e creación dun produto turístico, a influencia do TIC no sector e na comercialización, negociación e venda. Neles os asistentes aprenderán, entre outros aspectos, as principais canles de comercialización no sector, a delimitar segmentos de clientes, mercados e intermediarios, a definir o seu produto e as súas vantaxes competitivas para destacalos nas súas ferramentas de comunicación e promoción ou a realizar con efectividade o proceso de negociación, venda, seguimento e peche da operación.

Estes  coñecementos, que serán totalmente aplicables á realidade, traballaranse en base ás empresas participantes, para que estas poidan implementar o seu negocio co aprendido. O obxectivo é que todos os contidos poidan ser postos en práctica na Bolsa de Contratación de Turexpo Galicia 2017, na que participan numerosos operadores de turismo tanto nacionais como doutros países con gran interese como emisores turísticos.

20 de Setembro de 2016
bolsa contratación Turexpo

A Feira Internacional de Galicia desenvolve até outubro un programa de formación para pemes turísticas

Baixo o título “Preparación de Pemes Turísticas Galegas para a súa Asistencia e Aproveitamento das Bolsas Internacionais de Contratación”, a Feira Internacional de Galicia A Banca, […]
12 de Setembro de 2016
feria KLM

Promoción en Holanda dos campos de golf galegos

Promocionar o uso dos campos de golf galegos por parte dos deportistas holandeses así como promocionar o turismo de golf e a oferta turística galega a […]
06 de Setembro de 2016
IMG_4434-1

A oferta turística galega estará presente en catro feiras sectoriais no mes de setembro

Unibike, en Madrid, JATA en Xapón, Gran Pavois en Francia e Termatalia en México serán as citas nas que estará presente o sector a través de […]
12 de Agosto de 2016
bife espadarte

Xantar, presente no Festival Gastronómico Bife de Espadarte en Portugal

A gastronomía galega estivo amplamente representada no Festival Gastronómico Bife de Espadarte en Vila Praia de Âncora (Caminha) a través de Xantar, o Salón Internacional de […]