Co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable, ao tempo en que se promociona a oferta diversa que o noso terrritorio ofrece nesta materia, Expourense acollerá do 17 ao 19 de novembro a primeira edición de SPORTUR Galicia, o Salón do Deporte e o Turismo Activo que se celebrará en Ourense coincidindo coa Carreira Popular de San Martiño que todos os anos atrae á capital das Burgas a centenares de deportistas.

O evento, que conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Secretaría Xeral para o Deporte, está chamado a converterse en punto de encontro para todo tipo de público que queira coñecer os servizos, produtos e opcións vinculadas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores entre os que terán cabida desde concellos a empresas de equipamentos para o deporte e a aventura ou especializadas na venda de paquetes turísticos que inclúan actividades deste tipo. Haberá tamén un espazo dedicado ás distintas asociacións e federacións deportivas de Galicia para que poidan promocionar as actividades que organizan. Esta cita estará centrada en Galicia pero tamén está aberta a expositores doutras comunidades ou países que queiran presentar os seus destinos de turismo activo ou deportivos.

O espazo expositivo deste salón complementarase coa organización de actividades paralelas como seminarios e charlas especializadas (preparación física, prevención de lesións deportivas, nutrición, xestión de infraestruturas deportivas, …), presentación dos destinos turísticos participantes nesta cita, exhibicións deportivas, etc. No ámbito profesional, organizaranse tamén accións de networking entre empresas e potenciais compradores.

06 de Xuño de 2017
sporturgalicia

Expourense acollerá en novembro SPORTUR Galicia, o I Salón do Deporte e Turismo Activo

Co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable, ao tempo en que se promociona a oferta diversa que o noso terrritorio ofrece […]
22 de Maio de 2017
Turexpo 2017

O Clúster Turismo de Galicia estará presente no VII Salón do Turismo de Galicia, Turexpo

O Clúster de Turismo de Galicia estará presente nesta 7ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), […]
18 de Maio de 2017
IMEX 17

Misión comercial galega en IMEX de Frankfurt, a feira do sector MICE máis importante do mundo

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio Unha edición máis, o sector galego […]
15 de Maio de 2017
COETUR

Asturias acolle o IV Congreso Europeo de Turismo Rural

Asturias volve acoller o Congreso Europeo de Turismo Rural, COETUR 2017, que se celebrará en Torazo (Cabranes) o 23 e 24 de maio baixo o título […]