A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) presentou un ano máis en Fitur a nova edición do seu guía turístico-gastronómica “E para comer, Lugo”, que este ano está dedicado aos espazos naturais da provincia de Lugo. Baixo o tíutlo “Lugo, ímonos de ruta”, a décimo primeira edición desta guía turística recolle unha colección de carreiros ao longo das 13 comarcas lucenes, recomendando neste percorrido os produtos típicos de cada lugar. O anuario completo está integrado por 132 páxinas, que se distribúen en tres apartados ben diferenciados. O primeiro deles percorre as rutas máis destacadas dos 67 municipios lucenses, cunha introdución que nos adianta a verdadeira finalidade e filosofía coa que foi creada a guía. Os outros dous capítulos son seccións xa máis habituais, como o álbum dedicado á presenza da Apehl na Volta Ciclista a España e o directorio no que se poden atopar por orde alfabética todos os establecementos asociados da provincia de Lugo. Tamén conta cun mapa dos Camiños de Santiago que percorren a provincia por un total de 800 quilómetros de ruta e un índice cos servizos turísticos, transportes, estradas e puntos de información máis destacados.

A publicación ten unha tiraxe de 15.000 exemplares que se distribúen en oficinas de turismo, albergues, feiras sectoriais, hoteis e outros establecementos hostaleiros asociados á Apehl, así como en todas as etapas da Volta Ciclista a España, ademais de contar coa edición dixital na web www.eparacomerlugo.es.

O presidente da Asociación, tras facer fincapé na importancia de promover a provincia de maneira especializada e conxunta, subliñou de Lugo que “é terra de bos produtos, de pratos exquisitos e de cultura gastronómica difícil de esquecer, por iso nosa marca E para comer, Lugo séguese adaptando ano tras ano tan ben aos nosos obxectivos”.

Xantar, dinamizador da gastronomía galega
A participación de Portugal como país convidado así como a celebración de catas comentadas na caseta de Galicia consolidaron o papel dinamizar de Xantar no turismo gastronómico galego. Unha edición máis a cita gastronómica que anualmente acolle Expourense viaxou ata Madrid para convidar o viaxeiro a gozar dunha experiencia termal e enogastronómica en Ourense. Tamén se organizou o “II Workshop de Turismo Gastronómico” no que participaron operadores de turismo que asistiron a presentacións e a reunións B2B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón.

Viño e lamprea en O Condado-Paradanta
O apartado gastronómico en Fitur tamén contou coa participación de Ou Condado-Paradanta, que baixo a lema “Arbo esperta o teu cinco sentidos” centrouse na promoción da LVIII Festa da Lamprea (27, 28 e 29 de abril, a festa gastronómica máis antiga de Galicia, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Nacional) e, tamén, a Festa da Lamprea Seca que este ano se celebrará o 11 e 12 de agosto, e na que se darán a coñecer outras preparacións para gozar da lamprea.

De Lagares rupestres e guías

De igual maneira que o Ribeiro achegaba á caseta de Galicia as súas excelencias como territorio marcado polas augas termais e o viño dun territorio de enorme riqueza patrimonial e cultural ao redor de Ribadavia e a súa “istoria”, a Asociación de Sumilleres Gallaecia, que tivo ao seu cargo as catas de viños que se celebraron na caseta galega, tamén presentou as súas últimas publicacións, a Guía dos Viños e Destilados de Galicia 2018 e A viaxe polos milenarios lagares rupestres de Galicia. As pedras que facían viño, coa que estes profesionais queren dar a coñecer o enorme patrimonio histórico vitivinícola que atesoura Galicia e que ben prodría converterse nun ben de interese digno de preservar.

19 de Xaneiro de 2018
presentacion xantar fitur 2018

De Lugo a Paradanta pasando por Xantar, a gastronomía e os viños non podían faltar en Fitur

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) presentou un ano máis en Fitur a nova edición do seu guía turístico-gastronómica “E […]
19 de Xaneiro de 2018
Ezaro presntación FItur 2018

O turismo deportivo gaña enteiros nas presentacións galegas en Fitur

Surf, golf, triantlón, regatas… Galicia encherase en 2018 de eventos deportivos, algúns novos, outros plenamente consolidados que nos falan dun territorio ideal para a práctica deportiva […]
18 de Xaneiro de 2018
Costa da Morte presentacion Fitur 2018

Costa da Morte e Lugo, faros, deporte, patrimonio e moito máis

Non faltou a Costa da Morte Asociación Turística(CMAT) á súa cita en Fitur, onde presentaron as experiencias CMAT de turismo activo e patrimonio cultural. O presidente […]
17 de Xaneiro de 2018
club del agua fitur 2018

O turismo termal segue gañando enteiros no noso territorio

Co obxectivo de axuntar turismo mariñeiro, termalismo e Camiño de Santiago, Fitur acolleu a presentación do Club da auga, a nova marca auspicida por Turismo de […]