Actividades Destacadas

O sete representantes de clubs de golf de Londres que visitaron Galicia durante a semana pasada destacaron o acerto na combinación da oferta de golf, termal e gastronómica.

O obxectivo que se expón é darlle continuidade a Celtic Spain Golf&Wellness en 2019, ampliando os mercados internacionais e mesmo presentando a iniciativa en Fitur

Concluído o fam trip cos responsables dos principais clubs de golf de Londres a Galicia que se celebrou a semana pasada, a iniciativa Celtic Spain Golf&Wellness conclúe o seu primeiro ano de vida con boas sensacións e coa convicción de que é necesario darlle continuidade a este tipo de accións, que permiten tanto a paquetización da oferta turística galega especializada, axuntando o deporte do golf coa oferta de aloxamento e termal galega, como a captación dun turista estranxeiro dun maior poder adquisitivo, como é o caso dos xogadores de golf, cuxo gasto medio é maior que o do turista británico convencional.

“Hai que ter en conta que estes prescriptores que nos visitaron, e que representan a máis de 4.000 xogadores de golf londinienses, anualmente organizan para os seus clientes 2 viaxes de golf fóra das Illas británicas, normalmente a Andalucía, Algarve, Levante español”, explica o secretario xeral da Asociación Galicia Destino Golf, Javier de la Cerda, que destaca a alta satisfacción que manifestaron o sete prescriptores, que tiveron oportunidade de percibir a calidade dos hoteis, campos de golf, balnearios que visitaron e, por suposto da gastronomía, paisaxe, cultura e da relación prezo/calidade da oferta turística galega.

Continuidade e presenza en FITUR

A iniciativa CELTIC SPAIN GOLF & WELLNESS, promovida no marco do concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia a proposta da Asociación Galicia Destino Golf, Asociación Balnearios de Galicia, Oca Hoteles e Hotel Carlos I, coa colaboración de Turismo de Galicia, quere así manter a súa continuidade en 2019.

“Cremos que o esforzo que se está realizado pola Asociación Galicia Destino Golf, co apoio do Cluster de Turismo por comercializar Galicia como un destino de golf diferente está a dar os seus resultados”, explica Javier de la Cerda, que destaca a recente visita de 40 xogadores de Uruguai que durante unha semana xogaron en 4 campos de Galicia, sendo o gasto medio diario por xogador de 348 euros, dos cales o golf representou un 21% dese gasto.

É por iso que desde a Asociación cren que será moi importante dar continuidade a estas accións, aumentando o número de prescriptores e procedencia e mesmo presentar esta proposta en Fitur, como plataforma de visualización da proposta para o mercado nacional e internacional.

29 de Outubro de 2018
golf Mondariz

Tras o éxito do fam trip londiniense, Celtic Spain Golf&Wellness quere seguir promocionando a oferta deportiva e termal galega en 2019

O sete representantes de clubs de golf de Londres que visitaron Galicia durante a semana pasada destacaron o acerto na combinación da oferta de golf, termal […]
24 de Outubro de 2018
cabecera invitacion workshop Oporto

O Clúster Turismo de Galicia celebrará un novo workshop no Porto

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega no mercado luso, o Clúster Turismo de Galicia celebrará o próximo 20 de novembro un novo […]
04 de Outubro de 2018
Presntacion Galicia Mice 2018

Profesionais galegos e madrileños do ámbito da organización de congresos e eventos danse cita na presentación de Galicia Mice en Madrid

O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha velada na que se expuxeron os motivos polos que Galicia é o […]
01 de Outubro de 2018
Consello Executivo con Nava

O Cluster Turismo de Galicia renova a súa dirección con novo presidente e incremento de representación dos seus asociados

A Asemblea Xeral votou a única lista presentada ás eleccións, que supón a incorporación de cinco vocais máis A Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia […]