Actividades Destacadas

O Clúster do Turismo de Galicia asumirá a tarefa de elaborar o próximo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, no que se establecerán os eixos fundamentais de actuación nesta materia para o catro próximos anos. O ente que representa ao 95% do sector turístico galego asume este labor en virtude do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia que lle faculta para elaborar en colaboración coa administración pública a nova folla de ruta que dá a substitución ao PITGA que até agora marcara as directrices de desenvolvemento turístico do noso destino entre 2014 e 2016.

A elaboración deste Plan Estratéxico supón, ademais dunha encomenda crucial para establecer as liñas de desenvolvemento que determinarán a evolución do noso sector até 2020, un feito pioneiro non só en Galicia se non no resto do Estado xa que é a primeira ocasión na que a administración autonómica encomenda ao sector a elaboración do seu Plan Estratéxico en materia turística.

Esta circunstancia que sitúa a Galicia como pioneira nesta tarefa foi posible grazas ao traballo realizado conxuntamente nos últimos 2 anos entre a administración pública e o sector e constitúe un paso máis na sólida colaboración público-privada establecida entre a administración e o turismo galego.

Para a execución do PETGA, Turismo de Galicia asignou un orzamento de 150.000 euros que permitirán ao sector traballar da man de Turismo de Galicia para para establecer os eixos fundamentais sobre os que o destino Galicia debe seguir situándose como potencia turística internacional e como destino turístico de excelencia. Desde o Clúster Turismo de Galicia os seus responsables fixeron fincapé nesta oportunidade única para o sector que, a través do traballo conxunto destes dous últimos anos, conseguiu ser recoñecido pola administración pública como “unha ferramenta indispensable para planificar e promocionar o turismo en Galicia”, polo que traballarán de forma coordinada para levar adiante este plan, imprescindible para o futuro do sector turístico en Galicia.

Pola súa banda a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou que “será inestimable contar co apoio do Clúster e de cada unha desas 6.727 empresas turísticas que o conforman” para a redacción deste novo Plan e explicou que se están superando os obxectivos turísticos marcados para este ano no que a nosa Comunidade espera superar os 5 millóns de visitantes . Nesta liña, aseverou que “para conseguir unha meta ambiciosa é imprescindible escoitar ao sector? polo que este novo Plan Estratéxico será froito da colaboración entre a Administración pública e o sector turístico, representado fielmente no Clúster, que aglutina ao 95% das empresas turísticas galegas”. Desta maneira, realizarase “unha fidedigna análise do sector e o seu diagnóstico escoitando as súas necesidades”, afirmou.

02 de Maio de 2016
firma convenio PETGA Turismo de Galicia abril 2016 2

O Clúster Turismo de Galicia asume a elaboración do Plan Estratéxico do Turismo de Galicia 2017-2020

O Clúster do Turismo de Galicia asumirá a tarefa de elaborar o próximo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, no que se establecerán os eixos fundamentais […]
25 de Abril de 2016
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompa–ada pola directora do Centro Superior de Hostaler’a de Galicia, Marta Fern‡ndez, e membros de Balnearios de Galicia presentar‡ os programas Menœs Saludables e Un descanso nos Cami–os. No Hotel Balneario de Compostela (carretera Santiago a Noia, s/n, O Tremo)

Novos produtos turísticos multiexperienciales que aúnan turismo de saúde, gastronomía e Camiño de Santiago

En colaboración coa Asociación de Balnearios de Galicia e o CSHG, Turismo de Galicia puxo en marcha dous novos programas Baixo o título “Menús Saudables” e […]
22 de Abril de 2016
charlaCETS

Sanxenxo acolleu unha charla informativa sobre as vivendas de uso turístico

Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver dúbidas respecto ao Decreto que regularía este tipo de aloxamentos […]
21 de Abril de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]