Actividades Destacadas

Neste proceso de escoita ao sector celebraranse un total de 28 mesas de expertos

Rendibilidade, a xestión do éxito, o turismo en espazos naturais, os cambios nos comportamentos dos viaxeiros, a mobilidade, a internacionalización ou a valorización do noso patrimonio son algúns dos moitos aspectos que se abordaron no dez primeiras mesas de traballo que se celebraron xa no desenvolvemento da Estratexia Turismo de Galicia 2020 que está a levar a cabo o Clúster Turismo de Galicia, tarefa encomendada pola Axencia de Turismo de Galicia para a elaboración da folla de ruta para o sector turístico no horizonte 2020.

Até a data desenvolvéronse 10 das 16 mesas programadas inicialmente na pirmera das roldas de escoita e diagnóstico do sector, o que permitiu participar a un centenar de profesionais, docentes e expertos nas diferentes temáticas nas que se divieron as mesas. A continuación celebrarase unha segunda rolda composta por 12 mesas para a validación de conclusións. Para cando se conclúa o proceso de diagnóstico a través destas mesas de participación, máis de 200 persoas tomarían parte no proceso nun total de 28 mesas de análises e diagnóstico das características e principais retos de futuro que afronta o turismo en Galicia.

Ademais, e para mellorar a accesibilidade e participación do expertos, as mesas están a celebrarse no catro provincias galegas e en puntos turísticos como a Ribeira Sacra, Lugo, Vigo, Fisterra ou Ourense, por citar algúns puntos. Ao longo deste mes de outubro continuaranse celebrando en Sanxenxo, Pontevedra, Monforte, A Ulla, Mondariz Balneario e Santiago de Compostela as mesas de traballo restantes. O proceso de escoita e diagnose complétase, ademais, cunha enquisa on line aberta para recibir as aportacións de todos os profesionais do sector que queiran contribuir neste proceso, que deberá estar rematado a finais de ano.

13 de Outubro de 2016
mesa de trabajo pontevedra Estratexia Turismo de Galicia 2020

Máis dunha ducia de localidades acollen as mesas de diagnóstico da Estratexia de Turismo de Galicia 2020

Neste proceso de escoita ao sector celebraranse un total de 28 mesas de expertos Rendibilidade, a xestión do éxito, o turismo en espazos naturais, os cambios […]
11 de Outubro de 2016
presumidora de agosto

Cen mil persoas xa presumen de galicia nas redes sociais

A campaña Presume de Galicia, posta en marcha a mediados de agosto polo Clúster de Turismo de Galicia, alcanza un cociente de participación de máis de […]
04 de Outubro de 2016
Presentacion Plan de Formacion 2

Máis de 200 profesionais participarán no novo programa de formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas A primeira das xornadas arrinca […]
02 de Outubro de 2016
IMG-20160928-WA0018

Máis de 30 países aproveitaron a formación impartida en Termatalia México que pechou as súas portas con grande éxito

O Clúster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentacións de produto e marca Galicia Tras tres días de intensa actividade […]