Actividades Destacadas

A iniciativa, que percorrerá dez emprazamentos no catro provincias, supón un paso máis dentro da campaña Presume de Galicia iniciada hai agora dous anos

O Clúster de Turismo de Galicia, a asociación que agrupa a gran parte do sector turístico galego, pon en marcha durante todo o mes de agosto a primeira “Ruta Presume de Galicia”, unha campaña que se desprazará polas principais vilas e cidades da comunidade e que permitirá aos visitantes converterse nos encargados de reforzar a marca Galicia como destino turístico. Así, nos distintos emprazamentos elixidos haberá unha caseta de Presume de Galicia onde os visitantes poderán sacarse unha fotografía, subila á web www.presumedegalicia.com e participar en sorteos. O primeiro deles foi a Torre de Hércules, na Coruña, desde onde se desprazará a Foz, Padrón, Santiago, Sanxenxo, Vigo, Pontevedra, Lugo e Allariz.

Esta nova campaña de promoción turística nace a raíz do éxito de “Presume de Galicia”, unha comunidade en liña posta en marcha polo Clúster na que os usuarios se converten en “presumidores” da comunidade, compartindo na web www.presumedegalicia.com as súas fotografías preferidas de calquera punto do territorio galego. A iniciativa, que tivo unha gran aceptación, conta xa con máis de 100 mil usuarios repartidos entre a web e as diferentes redes sociais.

Unha cifra que non deixa de aumentar e que seguirá crecendo coa chegada desta ruta, que ao longo do mes de agosto repartirá merchandising vinculado á campaña, animando a coñecer mellor o destino e dando a coñecer os recursos turísticos do noso territorio.

02 de Agosto de 2017
Ruta Presume de Galicia A Coruña

O Clúster de Turismo de Galicia pon en marcha en agosto a súa primeira “Ruta Presume de Galicia”

A iniciativa, que percorrerá dez emprazamentos no catro provincias, supón un paso máis dentro da campaña Presume de Galicia iniciada hai agora dous anos O Clúster […]
12 de Xullo de 2017
Jornadas Internacionales Turismo Agueda

Participación do Clúster nas Xornadas de Turismo Internacional de Águeda

O turismo sustentable, o enoturismo e as experiencias internacionais doutros países como camiño cara á internacionalización da oferta turística portuguesa foron os temas centrais ao redor […]
29 de Xuño de 2017
xornadaturismoactivo

Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense

Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo Profesionalización e estruturación do sector e a da súa […]
22 de Xuño de 2017
imagen portada

Ourense acollerá unha xornada de competitividade, promoción e comercialización do turismo activo en Galicia

O Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle, será a sede da xornada, que se celebrará o próximo 29 de xuño Con tres relatorios marco e unha mesa de […]