Actividades Destacadas

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro, que se celebrará o próximo 27 de abril

O presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Francisco González, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as entidades para a celebración do III Encontro Clúster Turismo de Galicia unha xornada profesional dirixida ao sector turístico co obxectivo de abordar os restos e oportunidades que se lle presentan a este sector no horizonte 2020. A xornada celebrarase na cidade das Burgas o próximo 27 de abril, no Centro Cutural Marcos Valcárcel, baixo o título “#Turismo2020. Consolidando un destino turístico sustentable”.

Grazas ao apoio da Deputación de Ourense, a terceira edición destes Encontros celebraranse por vez primeira en Ourense nun encontro no que estarán presentes a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, así como da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entre outras autoridades. As edicionesa anteriores foron acollidas en Vigo e A Coruña, sempre co obxectivo de servir de punto de encontro para o sector turístico galego e profundar no coñecemento de Galicia como destino turístico para mellorar a posición competitiva de Galicia no mercado turístico global.

Neste sentido, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, mostrábase moi satisfeito de poder continuar desenvolvendo estes encontros a modo de foros de debate “que nos permitan intercambiar experiencias, profundar nos cambios que sofre este sector e coñecer ferramentas que nos axuden a adaptarnos ás novas demandas do mercado, favorecendo sempre o networking e o intercambio de ideas”. Pola súa banda o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou a importancia de apoiar este evento que sitúa á provincia de Ourense en 2017, “como capital do turismo de Galicia ou acoller ou seu Encontro anual e subliñar ou papel fundamental de Ourense non ámbito do turismo e, sinaladamente, non ámbito termal”.

A participación na xornada impulsada polo Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense é gratuíta previa inscrición ata completar aforamento e o prazo para inscribirse está aberto a partir de hoxe. Tanto a información como as incripciones poden facerse a través da dirección web do Clúster Turismo de Galicia http://clusterturismogalicia.com/iii-encontro-ctg-turismo-2020-consolidando-un-destino-turistico-sustentable/ ou no correo electrónico info@clusterturismogalicia.com.

10 de Abril de 2017
sinatura.convenio.deputacion.cluster.turismo.04.para.web

Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do III Encontros Clúster Turismo de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro, que se celebrará o próximo 27 de abril O presidente do Clúster do Turismo de […]
06 de Abril de 2017
slider-01

Ourense acollerá a 3ª edición dos Encontros do Clúster Turismo de Galicia

Baixo o título #Estratexia2020 a xornada contará coa presenza de Matilde Asián, secretaria de Estado de Turismo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro así […]
24 de Marzo de 2017
O titular do Goberno galego, Alberto Nœ–ez Feij—o, presidir‡ a reuni—n do Consello da Xunta. Na sala de Consello. Sî GRçFICOS. A partir das 12,30 horas, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reuni—n do Consello. Na sala de prensa de Consello.

A nova Estratexia do Turismo de Galicia traballará para consolidar en 2020 un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global

A Xunta de Galicia aprobou o novo plan estratéxico que guiará o desenvolvemento do sector no horizonte 2020. Trátase dunha folla de ruta que conta cun […]
08 de Marzo de 2017
mision comercial foto grupo exterior

Clúster Turismo de Galicia participa por 3º año na ITB Berlin cunha misión comercial formada por 25 asociados

A delegación, que viaxa acompañada da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, desprázase a unha das feiras profesionais máis importantes para o sector turístico O […]