Actividades Destacadas

A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo máis dunha vintena de empresarios e representantes de asociacións de turismo rural para profundar no catálogo de produtos turísticos que se elaborou durante o verán e promover estratexias de futuro

No marco de elaboración do Catálogo de produtos de Turismo Rural 2018 que o Clúster Turismo de Galicia está a promover a proposta da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) e da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur), Compostela acolleu un encontro do sector do turismo rural galego ao obxecto de facer unha análise da situación actual deste segmento e trazar estratexias conxuntas de acción para os próximos meses. A xornada serviu para coñecer a situación do proxecto de creación deste catálogo de produtos turísticos vinculados a este segmento, resolver dúbidas e acordar unha estratexia de acción do sector de turismo rural para o próximo outono 2018, na que se promocionen os establecementos de turismo rural de Galicia durante os meses de outubro e novembro con diversas iniciativas tanto de modo conxunto do sector como sector como a nivel individual.

A xornada contou coa participación do xefe de área de Produtos de Turismo de Galicia, Santiago Bacariza, que fixo fincapé na necesidade de fomentar sinerxías e colaboracións entre empresas para beneficiarse de iniciativas como a do catálogo pero tamén das axudas que se xestionan a través de Turismo de Galicia, centradas na creación de produto. Bacariza chamou a atención, ademais, do gran impulso que vai supor a celebración do Xacbeo 2021 e o turismo rural debe aproveitar este fluxo de visitantes que vai chegar nos próximos anos a Galicia. “É fundamental profundar nunha maior vertebración asociativa do sector do turismo rural galego e a creación de produto turístico que apenas existe actualmente”, indicou.

Precisamente a internacionalización así como a desestacionalización, a diferenciación do produto e a necesidade de maior promoción foron algúns dos aspectos que se abordaron durante a xornada, a modo de breve diagnóstico da situación actual do sector.

Culminación de traballos e posta en marcha da campaña
Esta xornada supón o punto e final da primeira fase de dinamización do turismo rural galego neste exercicio. Durante os meses de xullo e agosto asociacións como Mar de Compostela, Campo e Mar, Ribeira Sacra Rural e Agatur mantiveron unha serie de encontros e xornadas de traballo que culminaron na creación dun catálogo de produtos turísticos, no que se han ir engadindo as achegas realizadas por diversos establecementos de turismo rural e que xa pode consultarse en liña, a falta de concluírse definitivamente durante a primeira quincena do mes de setembro.

Finalmente tamén se acordou levar a cabo unha acción de promoción centrada no fin de semana do 29 e 30 de setembro, a modo de experiencia piloto para ver a resposta do público final e que concluirá a finais de novembro. Calquera establecemento de turismo rural ou asociación de turismo rural interesada pode dirixirse a estudos.fegatur@gmail.com.

31 de Agosto de 2018
Jornada Turismo Rural Cidade da Cultura agosto 2018

O turismo rural galego reúnese para debater situación e estratexias de promoción conxunta para este outono

A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo máis dunha vintena de empresarios e representantes de asociacións de turismo rural para […]
27 de Agosto de 2018
plan de formación 2017

O Clúster Turismo de Galicia pon en marcha o seu cuarto plan formativo dirixido ao sector turístico galego

O programa componse de seminarios, xornadas e talleres que se impartirán gratuitamente durante setembro, outubro e novembro en 10 localidades galegas Abordaranse temas como a internacionalización, […]
21 de Agosto de 2018
catalogo galicia destino familiar

O selo Galicia Destino Familiar aposta pola comercialización no seu terceiro ano de vida

Impulsado polo Clúster de Turismo en colaboración con varios dos seus asociados, a iniciativa dá un paso adiante coa edición dun catálogo Consciente da importancia crecente […]
06 de Agosto de 2018
proyectoturismorural_Ribeira Sacra 1

Fegatur, Agatur e o Clúster Turismo de Galicia traballan no desenvolvemento dun catálogo de produtos de turismo rural para este outono

Ao redor de 60 empresas do sector do turismo rural poderían beneficiarse deste traballo, encamiñado a dinamizar a campaña de outono nestes establecementos turísticos No marco […]