Actividades Destacadas

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 5 ao 7 de novembro de 2018. A misión comercial iniciarase o domingo 4 de novembro, saíndo desde o aeroporto da Coruña con destino a Londres, e concluirá o mércores, 7 de novembro.
O número máximo de participantes é de 30 persoas e o prazo está aberto ata o 31 de agosto, dirixido a empresas de comercialización e distribución, aloxamento e oferta complementaria así como empresas e entidades do sector turístico doutros ámbitos, segundo o criterio establecido polo Clúster. Ademais dos participantes, a misión completarase con membros do Consello executivo do CTG. Todos eles contarán con traslado en Londres, entre o hotel e a feira.
Así mesmo, disporán dun servizo de xestión de axenda de reunións con tour operadores do Reino Unido, que ten como obxectivo incrementar o éxito da misión comercial, proporcionándolles unha primeira toma de contacto con empresas que poidan comercializar os seus produtos e servizos no mercado inglés. Neste sentido recoméndase a todos os participantes que revisen as características desta axenda comercial nesta ligazón, o que lles permitirá preparar a feira co maior aproveitamento posible.
Aqueles que desexen participar nesta misión comercial deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a pre-reserva.

17 de Xullo de 2018
wtm london mision comercial

Aberto prazo de inscrición para a nova misión comercial á World Travel Market de Londres

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 5 ao 7 […]
21 de Xuño de 2018
asamblea 4

O Clúster Turismo de Galicia aproba un novo regulamento para un funcionamento máis eficiente

A entidade celebrou a súa Asemblea Anual na que deu conta da memoria de actuacións de 2017 e ratificou a adhesión de seis novos membros A […]
01 de Xuño de 2018
Turexpo 2018

Turexpo celebrará a súa oitava edición coa participación de máis de 40 turoperadores internacionais

A feira sectorial celebrarase do 7 ao 10 de xuño no recinto feiral de Silleda O Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá abrir as súas portas […]
01 de Xuño de 2018
workshop cluster galicia oviedo 5

Preto de 200 profesionais déronse cita nos workshops do Clúster de Turismo en Oviedo e Valladolid

Turoperadores de Asturias e Castela e León mantiveron encontros profesionais cos máis de 40 empresarios galegos Impulsados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración con Turismo […]