Boas expectativas para o peche dun excelente ano para o sector turístico

EFE/Óscar Corral.

Boas expectativas para o peche dun excelente ano para o sector turístico

Pese ao previsible descenso no número total de viaxeiros, Turismo de Galicia considera que 2018 pode ser o “segundo mellor ano” para Galicia

Tras un 2017 de “marca”, as previsións apuntan a que este 2018 pecharase cun descenso de ao redor de seis puntos no número total de viaxeiros chegados a Galicia, que podería quedar ao redor dos 4,7 millóns. A pesar diso tanto a Xunta de Galicia como o propio sector valoran positivamente o conxunto do ano xa que se conseguiu subir os cocientes tanto en ocupación media como en diversificación das chegadas, mellorando os datos en meses do ano que tradicionalmente marcaban cifras modestas.

A pesar diso este último trimestre podería pecharse cun descenso nas ocupacións hostaleiras, que tamén debe enmarcarse no conxunto da tendencia rexistrada no conxunto do país. Neste sentido a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, facía referencia a que en Galicia se baixou “nalgúns indicadores respecto da media”, pero sóbese noutros como a estancia media, á vez que hai un incremento das tarifas hostaleiras, cuestións que apuntan a unha estabilización do mercado e unha mellora “de calidade e non de cantidade”.

Precisamente nesta aposta pola calidade tamén está trabajand o sector turístico, impulsando produtos e oferta encamiñada cara á diversificación e a desestacionalización e traballando conxuntamente coa administración pública para construír un destino máis competitivo e máis sustentable”, tal e como se establece na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, na que se aposta por unha xestión de destino a longo prazo na que o crecemento sexa coherente coa sostenibildad do destino.

Neste sentido precisamente Turismo de Galicia aposta fortemente pola especialización a través da súa aposta polo turismo natural ou o turismo cultural como elementos xeradores de experiencias diferenciadoras durante todo o ano e como unha tipoloxía de turismo que está chamada a ter un papel crave no desenvolvemento do sector en Galicia, apostando polo desenvolvemento de produtos que profunden no enorme valor patrimonial co que conta o noso territorio.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn