Boas cifras de viaxeiros e pernoitas no inicio do verán en Galicia, que superan xa os datos de 2018, segundo a enquisa de ocupación hostaleira do INE

Coyuntura hotelera_junio

Boas cifras de viaxeiros e pernoitas no inicio do verán en Galicia, que superan xa os datos de 2018, segundo a enquisa de ocupación hostaleira do INE

Os establecementos hostaleiros galegos recibiron durante o mes de xuño preto de 460.000 viaxeiros, un 7,88% máis que no mesmo período do ano pasado. En canto ao número de pernoitas, o dato é un 6,61% maior que en xuño de 2018.

Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que tamén revelan o aumento de viaxeiros internacionais na nosa comunidade. De feito Galicia conseguiu os mellores datos de turistas estranxeiros da súa historia para este período, experimentando un incremento do 19%.

A falta de recoller os datos correspondentes aos viaxeiros e pernoitas rexistradas no resto das tipoloxías de aloxamentos (establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues e cámpings), Galicia recibiu preto de 460.000 viaxeiros en xuño e supera os 1,8 millóns de visitantes no primeiro semestre do ano.

En canto á estancia media – das case 870.000 pernoitas entre o total dos viaxeiros- o dato continúa en 1,89, similar a anos anteriores.

O sector turístico galego mellorou en cifras de rendibilidade

Tamén o sector viu mellorados os seus resultados desde o punto de vista económico. No caso de Galicia, o IPH (Índice de Prezos Hostaleiros) creceu máis dun 4% segundo as estatísticas do INE.

Por outra banda, destácase a mellora na Tarifa Media Diaria (ADR) que en xuño deste ano sitúase en 58 euros, así como o ingreso medio por habitación (RevPAR) subindo ata os 27,45 euros.

A pesar de todo, os datos do mes de xuño revelan unha ocupación en torno ao 42%, deixando á nosa comunidade nos postos de cola.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn