Bloggers ingleses descobren a Ruta do Viño Rías Baixas e a Mancomunidade do Salnés

Blogtrip02

Bloggers ingleses descobren a Ruta do Viño Rías Baixas e a Mancomunidade do Salnés

Catro bloggers ingleses descubriron estes días as potencialidades da Ruta do Viño Rías Baixas e a mancomunidade do Salnés nunha visita coorganizada por Turespaña en Reino Unido na que participaron Luiz Hara, Sarah Le, Laura Le e Michael Turtle que puideron descubrir así o patromonio cultural, histórico e, por suposto, vitivinícola deste territorio.

O itinerario deste blogue trip deulles a oportunidade aos seus participantes de coñecer de preto o proceso de elaboración dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas en catro adegas asociadas á Ruta. O programa tamén incluíu visita a miradoiros e carreiros, ademais de clases de cociña tradicional galega, que valoraron moi altamente. A viaxe finalizou cun percorrido a pé pola Ría de Arousa da man de Guimatur, Asociación Cultural “Mulleres do Mar de Cambados” no que se lles mostrou o duro traballo que desenvolven a diario para ofrecer aos consumidores o mellor marisco da ría. Unha experiencia que, como o resto, puideron comentar coas autoridades que lles recibiron nunha visita oficial a Cambados coa que concluíu a súa visita a Galicia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn