La Barganiza e Basozabal acolleron senllas probas do VI Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

ACTIVIDADES
golf senior

La Barganiza e Basozabal acolleron senllas probas do VI Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Coa disputa da quinta etapa do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia ao torneo réstalle tan só unha etapa, que se celebrará o vindeiro mes de outubro en Mondariz, para rematar esta sexa edición. Previamente o torneo recalou no campo asturiano da Barganiza, antepenúltima xornada antes da gran final, e no consolidado Circuíto Basozabal, no Real Novo Club de Golf de San Sebastián onde 88 xogadores dos 90 inscritos déronse cita neste deseño de José Mª Olazabal nunha xornada onde a choiva, a pesar das previsións, non fixo acto de presenza.
O campo presentaba unhas excelentes condicións e os xogadores puideron gozar, grazas a Turismo de Galicia, de agasallos de saída, dun refrixerio a metade de percorrido composto de exclusivos produtos galegos e antes da entrega de premios, unha degustación de delicias galegas.
A gañadora Scratch, con 31 puntos e con dereito a xogar a gran final de Mondariz foi Arrate Garate. A segunda posición, a un só punto de diferenza foi para Ramón Goikoetxea. En categoría hándicap conseguiu clasificarse para a final con 41 puntos Luís Mendizábal, seguido coa mesma puntuación por José Ignacio Ibáñez. O premio á mellor Dama recaeu en Marí Carmen Iturralde e a mellor Mastersenior foi a para Susanne Bohemann. Ambas as xogadoras lograron tamén clasificarse para a gran final de Mondariz.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn