Baiona acollerá en novembro a segunda edición de Ibernáutica orientada cara ao turismo sustentable

Ibernáutica 2017

Baiona acollerá en novembro a segunda edición de Ibernáutica orientada cara ao turismo sustentable

O Monte Real Club de Iates de Baiona, o Club Marítimo de Vigo e Asmar, co apoio da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e do Parador de Turismo de Baiona organizan os próximos 9 e 10 de novembro a segunda edición de IBERNAUTICA, que constará de dúas xornadas náuticas, dedicadas ao “turismo sustentable”. Neste sentido desde a organización creouse un programa orientado a profundar na contribución ao sector do turismo ao tres alicerces da sustentabilidade (económico, social e do medio ambiente), así como para aumentar a concienciación sobre as verdadeiras dimensións do sector, avaliar a importancia do sector turístico, a identificación de oportunidades para o desenvolvemento do turismo sustentable, a planificación de accións, e a mellora da sustentabilidade dos proxectos.

A designación do 2017 como Ano Internacional do Turismo Sustentable ha decidido así a orientación temática desta nova edición, na que se abordará a necesidade de conservar e utilizar sosteniblemente os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sustentable. A inscrición para estas xornadas xa está aberta, cun importe variable se se escolle a opción de aloxamento ou non no Parador de Baiona. Ademais, os asociados de Asnauga teñen un desconto na inscripción que pode realizarse a través desta ligazón.

Consulta o programa

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn