O decreto de vivendas de uso turístico de Galicia ordena e non restrinxe a competencia. Así o avala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima así o recurso interposto meses atrás pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) contra o decreto . O máximo órgano xudicial galego apoia así a posición tanto da Xunta de Galicia como do sector, por considerar que ningún dos artigos da normativa galega vulneran o dereito da liberdade de empresa e a libre competencia. Ao contrario, a sentenza valora que a normativa é unha útil ferramenta para ofrecer un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares como aos inquilinos deste tipo de aluguer.
Despois de pronunciarse na mesma liña o pasado mes de novembro cando tamén desestimou ao completo o recurso interposto en termos similares por unha asociación, con esta decisión, o TSXG ratifica o seu respaldo á normativa galega, unha sentenza que foi acollida con satisfacción ao ratificarse así a aposta por un turismo responsable e de calidade, sustentable e que favorece a convivencia harmonizada con outras actividades. A día de hoxe Galicia conta con máis de 4.700 vivendas de uso turístico inscritas no Rexistro de Actividades e Empresas Turísticas de Galicia (REAT), que suman máis de 24.000 prazas repartidas por toda a xeografía galega.

21 de Febreiro de 2018
apartamento-turístico

O TSXG avala o decreto de vivendas de uso turístico

O decreto de vivendas de uso turístico de Galicia ordena e non restrinxe a competencia. Así o avala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que […]
21 de Febreiro de 2018
logo_turismo

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “Asistencia Técnica para o desenvolvemento de dous Workshops con actividades de promoción en destinos de proximidade”, coa colaboración da Xunta de Galicia- Axencia Turismo de Galicia

Aberto prazo para presentar candidaturas ata o vindeiro 8 de marzo Descarga os pregos
20 de Febreiro de 2018
agalber web

AGALBER cambia de presidente e xunta directiva con motivo da celebración da súa asemblea anual

AGALBER (Asociación Galega de Albergues Privados) celebrou a súa asemblea anual que serviu para facer balance das actuacións da entidade, dar paso á nova xunta directiva […]
19 de Febreiro de 2018
dia do guia turístico

Visitas guiadas nas cidades galegas para celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da Celebración do Día Internacional do Guía de Turismo o 21 de febreiro APIT-Galicia organiza un ano máis unha serie de visitas gratuítas en […]