Nun prazo breve o Diario Oficial de Galicia recollerá a aprobación definitiva da adaptación á normativa europea do decreto que regula o funcionamento das axencias de viaxes en Galicia, tras o seu paso e aprobación por parte do Consello da Xunta. A modificación deste decreto supón a adaptación desta regulación ao marco europeo e permitirá ofrecer máis protección aos usuarios de viaxes combinadas fronte á quebra ou insolvencia das empresas
O cambio refírese ao artigo 16 do Decreto 42/2001 e que supón a actualización da normativa autonómica á normativa comunitaria, froito do borrador acordado en 2016 entre as diferentes comunidades autónomas e o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.
A garantía derivada desta modificación proporcionará así máis protección ás persoas usuarias fronte á quebra ou insolvencia das empresas organizadoras e as retallistas de viaxe combinadas, que deberán constituír a devandita garantía con carácter previo ao exercicio da súa actividade e mantela de maneira permanente.
Esta garantía permitirá responder o incumprimento dos deberes derivados da prestación dos servizos contratados e ao reembolso efectivo dos pagos realizados polos viaxeiros na medida en que estes non se prestasen.
En cuestión de días publicarase no DOG o novo decreto que adapta a actividade ao marco europeo, e a partir dese momento as axencias galegas terán un mes para presentar un seguro ou garantía que, de saída, deberá cubrir polo menos 100.000 euros. A partir do segundo ano e os seguintes, as empresas deberán responder cun aval sobre o 5 % da facturación total do exercicio anterior, mantendo sempre o mínimo dos 100.000 euros.
O decreto fora xa sometido ao preceptivo informe do Consello do Turismo de Galicia, así como á consulta das organizacións máis representativas do sector e ao informe do Consello Galego de Consumidores e Usuarios. A súa entrada en vigor será o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

26 de Febreiro de 2018
AGENCIA_DE_VIAJES_REPORTE_LOBBY_1

Aprobada definitivamente a adaptación ao marco europeo do decreto de axencias de viaxes de Galicia que ofrecerá maior protección aos usuarios

Nun prazo breve o Diario Oficial de Galicia recollerá a aprobación definitiva da adaptación á normativa europea do decreto que regula o funcionamento das axencias de […]
23 de Febreiro de 2018
entrega premios Galicia Parabens

Boqueixón e Portomarín reciben os premios Galicia Parabéns na súa primeira edición

O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia fixeron entrega dos premios Os municipios de Boqueixón e Portomarín recibiron os Premios Galicia Parabéns […]
22 de Febreiro de 2018
islas cies

Os visitantes das Illas Cíes deberán contar a partir desta semana Santa con autorización para comprar o billete á navieira

A partir desta próxima Semana Santa entrará en vigor en novo sistema de acceso ao Parque Natural das Illas Atlánticas. A Consellería de Medio Ambiente e […]
21 de Febreiro de 2018
biocultura

ExpoCoruña acollerá en marzo BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos por excelencia do estado español

Do 2 ao 4 de marzo a maior feira de produtos ecolóxicos de España, Biocultura, chega a Galicia, en concreto a ExpoCoruña onde se reunirán 200 […]