A Consellería do Mar aprobou a achega de 277.000 euros ao amparo da primeira fase da convocatoria de axudas 2018 para os Grupos de Acción Costeira co obxectivo de seguir traballando na promoción de sinerxías entre estes grupos de dinamización local ara que accedan a información e novas ideas e aprendan doutros grupos, rexións ou países. Tamén busca favorecer e apoiar a innovación e adquirir destrezas e medios que permitan mellorar as súas estratexias de desenvolvemento local participativo.

Así, o catro proxectos aprobados para a súa execución son: Mar de Velas, Morada Atlántica+Espazo Atlántico, Posicionamento no mercado da Ruta dos Faros de Galicia-Margalaica, que se executarán nos anos 2018 e 2019. O cuarto proxecto é Accións de dinamización e promoción de Galicia norte, Mares de experiencias, que se executará durante este ano.

Mar de Velas está promovido por catro grupos, que son o GALP Sé de Fisterra Ría de Muros Noia, que é o coordinador; o GALP Golfo Ártabro Norte, o GALP Ría de Arousa e o GALP Ría de Pontevedra. Ten como obxectivo potenciar o uso e xestión de espazos destinados a promover as mariñas tradicionais e a explotación de actividades relacionadas. Para iso, no marco desta iniciativa elaborarase un plan estratéxico que permita a ordenación e xestión da oferta variada de embarcacións tradicionais establecendo un modelo de explotación delas. A Consellería do Mar subvenciona este proxecto con preto de 53.700 euros.

Morada Atlántica+Espazo Atlántico é unha iniciativa do oito GALP que hai en Galicia, que son: GALP Costa da Morte, que é o coordinador; GALP A Mariña Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Sé de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sustentable, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Ría de Vigo-A Garda. Ademais conta coa colaboración de grupos andaluces, de Gran Canaria e tamén portugueses. Este proxecto supón unha continuación e ampliación do proxecto Morada Atlántica, iniciado en 2016 co obxectivo de desenvolver unha iniciativa turística conxunta para o total da costa atlántica do espazo atlántico europeo, á vez que se impulsaba a posta en valor dos territorios atlánticos, tendo como como fío condutor a gastronomía e desenvolvendo a Rede de Espazos con contido museístico atlántico (Rema), especializada en cultura mariñeira. A Xunta apoia esta iniciativa con 123.500 euros.

Outro proxecto aprobado é Posicionamento no mercado da Ruta dos Faros de Galicia-Margalaica, tamén do oito grupos que hai en Galicia. Con el buscan reforzar a Ruta dos Faros de Galicia, creada no marco do proxecto de cooperación Margalaica e subvencionado na convocatoria de axudas 2016. Esta iniciativa está integrada por máis de 240 socios prestadores de servizos turísticos e inclúe accións como a creación de produtos turísticos e a organización dunhas xornadas para impulsar esta iniciativa. A Xunta subvenciónao con 54.850 euros.

O cuarto proxecto de cooperación subvencionado é Accións de dinamización e promoción de Galicia norte, Mares de Experiencias, promovido polo GALP A Mariña Ortegal, que é o coordinador, e o GALP Golfo Ártabro Norte. Busca pór en valor o patrimonio cultural e patrimonial relacionado co sector pesqueiro e o turismo no territorio destes grupos e implicar a poboación local no coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio do mar. Para iso recolle accións como a realización de xornadas de difusión co obxectivo de adherir axentes turísticos locais e talleres
para para coñecer os labores que levan a cabo colectivos profesionais como os de carpintaría ribeira, os do marisqueo e as redeiras. Esta iniciativa conta cunha axuda de máis de 45.100 euros.

A convocatoria destas axudas a proxectos de cooperación dos GALP inclúe unha segunda fase de adxudicación, que se realizará coas solicitudes presentadas ata o 1 de xullo e atendendo ao límite do crédito dispoñible.

19 de Xuño de 2018
mariscadoras

A Xunta achega máis de 270 mil euros para a promoción do turismo mariñeiro

A Consellería do Mar aprobou a achega de 277.000 euros ao amparo da primeira fase da convocatoria de axudas 2018 para os Grupos de Acción Costeira […]
19 de Xuño de 2018
logo_turismo

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “asistencia técnica para o deseño, a coordinación académica e a execución, dun plan de formación para a mellora das capacidades e cualificación de perfís directivos do sector turístico de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.

Aberto prazo de presentación de candidaturas ata o próximo 4 de xullo Descarga as bases
18 de Xuño de 2018
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, presentan a estratexia de marca para os festivais de música galegos, FEST Galicia. Intervirán tamén David Méndez, do Resurrection Fest, e Julio Gómez, do Festival Sinsal. No embarcadoiro do Parque do Lago

Nace a marca Fest Galicia para apoiar os festivais musicais de verán e promover Galicia como destino musical de calidade

PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrela Galicia, 17ºRibeira Sacra, Sorrías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival son os 10 encontros […]
15 de Xuño de 2018
RP_augabilla

O Concello de Santiago e Hostalaría Compostela colaboran para fomentar o consumo da auga da billa

O Concello de Santiago e a asociación Hostalaría Compostela asinaron un convenio que ten como obxectivo promover o consumo da auga corrente e, por tanto, reducir […]