Convocarase un concurso de ideas para cinco proxectos, dos cales se seleccionará un

A Xunta de Galicia subvencionará o desenvolvemento dun proxecto audiovisual en formato longametraxe ou serie de televisión para a difusión dos valores do Camiño de Santiago de cara á celebración do próximo Xacobeo. Para a elección do produto convocarase un concurso de ideas do que se elixirá o proxecto gañador. O proceso levará a cabo en dúas fases, unha primeira na que se financiará o desenvolvemento de cinco propostas, con 15.000 euros cada unha para a formulación do proxecto. A segunda fase supón a selección dun do cinco proxectos do concurso de ideas para desenvolver unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos, que recibirá un máximo de 1 millón de euros de axuda, ou unha serie de televisión de, polo menos, 300 minutos e 6 capítulos, que recibiría como máximo 1,5 millóns.

En todo caso, a axuda da Xunta non superará o 30% do custo total do produto audiovisual e, ademais, un importe equivalente ao 110% da axuda deberá destinarse a produción audiovisual en Galicia. Os proxectos deberán ter un contido de calidade e atemporal en que o Camiño de Santiago sexa un elemento importante pero non necesariamente principal. Así mesmo, deberán contribuír á promoción dos valores culturais e paisaxísticos de Galicia, entre outros, que fomenten a imaxe da Comunidade como destino de visitantes e peregrinos; á vez que transmitan os valores do Camiño, contribúan á consolidación da marca Galicia e a fomentar a creatividade da industria audiovisual galega.

Entre as características que deben reunir os proxectos, valorarase, especialmente, que exista un equipo creativo (produción executiva, guión, dirección etc.) con currículo e prestixio demostrados, xunto coa valoración dun elenco de actores que xunte prestixio e perfil mediático.
Por outra banda, as produtoras que se presenten á convocatoria han ter capacidade para captar outros investimentos públicos e persoais que permitan alcanzar un orzamento medio-alto, levar a cabo unha obra de máxima calidade e garantir as súas posibilidades de promoción e distribución. Recibirase unha puntuación especial á coprodución internacional, especialmente con países polos que discorre o Camiño.

28 de Xuño de 2018
Camino de Santiago 02

A Xunta financiará un produto audiovisual para impulsar os valores dos camiños de Santiago

Convocarase un concurso de ideas para cinco proxectos, dos cales se seleccionará un A Xunta de Galicia subvencionará o desenvolvemento dun proxecto audiovisual en formato longametraxe […]
27 de Xuño de 2018
IMG-20180626-WA0018

Os Destinos Turísticos Intelixentes, claves na construción dun turismo de futuro

Unha representación do sector turístico galego estivo presente no Congreso onde aproveitou para establecer contacto con outros clústeres turísticos A necesidade de utilizar a información para […]
26 de Xuño de 2018
observatur

O primeiro estudo do Observatorio Nacional do Turismo Emisor analiza os hábitos dos viaxeiros españois

O 94% ten xa decidido o destino da súa viaxe de verán e seis de cada dez pasarán uns días de vacacións moi similares aos de […]
25 de Xuño de 2018
OCUPACION MAYO 2018

O sector turístico galego mellora en maio prezos e rendibilidade, alcanzando a mellor ocupación histórica nun mes de maio

Boas expectativas para a tempada estival esperando alcanzar ou superar as cifras de ocupación de media do 60% do ano pasado A ocupación nos establecementos hoteleiros […]