Os beneficiarios da liña de axudas de Cultura e Turismo da Xunta acometerán actuacións para elevar a categoría actual dos establecementos, a modernización das súas instalacións, embelecemento e actualización de equipos

Continuando co obxectivo establecido de mellorar a competitividade do sector turístico galego a Xunta de Galicia investirá case un millón de euros na mellora de aloxamentos turísticos, no marco da liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinada a entidades privadas para actuacións de mellora neste tipo de infraestruturas turísticas que se puxo en marcha por vez primeira a comezos deste ano e da que agora se publican a relación de axudas concedidas.

De feito, o orzamento inicial desta convocatoria, cuxa resolución pode ser consultada no Diario Oficial de Galicia (DOG), foi ampliado para atender as solicitudes presentadas, que cobren até o 35% do importe, cun máximo de 35.000 euros por cada unha das entidades beneficiarias. Con ela Cultura e Turismo busca consolidar Galicia como un destino excelente e máis acolledor, tal e como recolle a Estratexia do turismo de Galicia 2020. Cun crédito orzamentario de 991.552 euros, o Goberno galego aprobou un total de 54 axudas que optimizan a calidade da oferta de aloxamento.

Principais melloras

A través destes incentivos, procúrase que os responsables de negocios beneficiarios leven a cabo as remodelacións precisas para o desenvolvemento da súa actividade, cos maiores estándares de calidade nos servizos prestados. Entre outras accións, contémplanse as destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras, profundando así nos compromisos do Plan de accesibilidade turística e do Camiño de Santiago impulsado polo Goberno galego. A orde tamén propicia a obtención de certificacións de calidade, ampliando o liderado da nosa Comunidade no ranking da Q de Calidade Turística, con case o 20% dos establecementos recoñecidos en España.

Así mesmo, abarca proxectos para elevar a clasificación do establecemento, que supoña un incremento da categoría na que se atopa na actualidade; actuacións de climatización que favorezan a sustentabilidade con medidas de aforro enerxético; traballos de renovación e de modernización das instalacións, así como destinadas a embelecer as contornas, e, por último, renovación dos equipos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento.

15 de Outubro de 2018
habitación hotel

Máis de medio centenar de aloxamentos galegos mellorarán as súas instalacións a través do investimento público de case un millón de euros

Os beneficiarios da liña de axudas de Cultura e Turismo da Xunta acometerán actuacións para elevar a categoría actual dos establecementos, a modernización das súas instalacións, […]
12 de Outubro de 2018
portada-etapas

Aberto prazo para participar na 11ª edición de Santiago(e) Tapas

O certame de tapas da capital galega celebrarase entre o 15 de novembro e o 2 de decembro Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela […]
11 de Outubro de 2018
curso proturga cm

Proturga organiza dous cursos de revenue-management e mercadotecnia-dixital para profesionais do sector turístico

Cun enfoque fundamentalmente práctico e dirixido para todos os profesionais do sector turístico, Proturga celebra entre os días 29 e 31 de outubro senllos cursos presentaciales […]
10 de Outubro de 2018
ENTREGA ESTUDIO Termatalia 2018

Termatalia colabora co 5º Estudo Internacional elaborado polo Observatorio de Turismo de Saúde, Benestar e Spa (TOHWS)

O informe elaborado a nivel internacional en colaboración con entidades do sector de todo o Mundo conclúe que os recursos natural e culturais seguen representando o […]