Galicia mantén o segundo posto no número destas distincións, despois de Valencia, e o primeiro no de recoñecementos de carreiros azuis

Un total de 163 areais, portos, carreiros e aulas-centros de natureza galegos lucirán o distintivo de bandeira azul este verán, dous menos que o ano pasado, aínda que cifra suficiente para seguir ocupando a segunda posición no número total destas distincións, outorgadas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. Séguenlle Cataluña, con 97 bandeiras e Andalucía, con 79.

Os concellos que ostentan o maior número de bandeiras azuis para os seus areais son na provincia da Coruña: Boiro, Arteixo, Oleiros e A Coruña; na lucense, Foz; e na provincia de Pontevedra, Sanxenxo, que é o concello de España que acumula o maior número de distintivos para os seus areais, seguido de Vigo, Cangas, Marín e Baiona

Os areais de Abrela (O Vicedo), Samil (Vigo), Loira (Marín) e Panadeira (Sanxenxo) volven obter este distintivo que non recibiran na pasada edición. A rexión galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor

Sendeiros azuis

Cabe destacar que Galicia ocupa o primeiro posto en canto aos distintivos de carreiros azuis xa que suma 29 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral. Por primeira vez, o carreiro Praia de Abrela- Punta Socastro (Fuciño do Porco) e o tramo Ruta Monte e Praias da Rede de carreiros azuis de Marín lucirán este distintivo. En relación aos portos deportivos, Galicia obtén 12 galardóns, tres menos que o ano pasado, sendo a provincia de Pontevedra a primeira en encabezar a lista con seis portos, seguida pola Coruña con cinco e un na provincia de Lugo. Finalmente a listaxe complétase con 15 centros azuis. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sustentable, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a certeira xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Estas distincións son voluntarias e deben solicitarse á entidade que as promove.

07 de Maio de 2019
playa

107 bandeiras azuis para os areais galegos este verán

Galicia mantén o segundo posto no número destas distincións, despois de Valencia, e o primeiro no de recoñecementos de carreiros azuis Un total de 163 areais, […]
07 de Maio de 2019
Presentación web Baixo Miño

Ría de Vigo e Baixo Miño avanza na estratexia de posta en valor a súa historia e paisaxes para diferenciar a súa oferta turística

Alcaldes e alcaldesas dos 14 municipios estiveron presentes na posta de longo da páxina web da estratexia de turismo do geodestino. O Pazo de Cea en […]
06 de Maio de 2019
herramientas Brexit Galicia IGAPE

O IGAPE pon en marcha unha ferramenta de autodiagnóstico para que as empresas coñezan a súa situación fronte ao Brexit

O obxectivo da ferramenta Brexit impulsada polo IGAPE é facilitar ás empresas de Galicia a avaliación do nivel de impacto que o Brexit implicará nas súas […]
02 de Maio de 2019
Regina Viarum enoturismo vino Ribeira Sacra

Concertos, pasarúas e catas nas cidades galegas, antesala das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense acollen entre esta semana e a que vén a programación previa á celebración da oitava edición das Xornadas de […]