En colaboración coa Asociación de Balnearios de Galicia e o CSHG, Turismo de Galicia puxo en marcha dous novos programas

Baixo o título “Menús Saudables” e “Un descanso no Camiño”, Turismo de Galicia acaba de por en marcha dúas novas propostas turísticas que pretenden axuntar termalismo coa gastronomía e a Ruta Xacobea. Con estas dúas novas propostas, a administración pública volve apostar polo turismo termal e por Galicia como destino multiexperiencial.

Así, o programa “Menús Saudables” creado polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia dispón de 15 menús e máis de 80 receitas saudables, elaboradas polo profesorado do CSHG, que se ofrecerán aos viaxeiros aloxados nos balnearios galegos. Pola súa banda, a través de “Un descanso nos Camiños” os balnearios situados nos municipios polos que discorren as Rutas Xacobeas ofrecerán aos peregrinos un programa especial que inclúe tanto aloxamento como tratamentos termais. Por tanto, a proposta combina o Camiño de Santiago, recurso turístico estrela de Galicia, cos recursos naturais e culturais que ofrece o termalismo.

Ambas as iniciativas, que están en marcha desde finais de abril nos Balnearios de Galicia, foron presentadas conxuntamente pola responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor e a directora do CSHG, Marta Fernández. Durante a presentación, Nava Castro, destacou a importancia de traballar conxuntamente co sector para levar adiante propostas de colaboración conxunta que dan como froito programas de leste este tipo, nos que se combinan tres das grandes fortalezas de Galicia como destino -termalismo, gastronomía e Camiño de Santiago-que permiten seguir apostando por Galicia como destino multiexperiencial.

25 de Abril de 2016
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompa–ada pola directora do Centro Superior de Hostaler’a de Galicia, Marta Fern‡ndez, e membros de Balnearios de Galicia presentar‡ os programas Menœs Saludables e Un descanso nos Cami–os. No Hotel Balneario de Compostela (carretera Santiago a Noia, s/n, O Tremo)

Novos produtos turísticos multiexperienciales que aúnan turismo de saúde, gastronomía e Camiño de Santiago

En colaboración coa Asociación de Balnearios de Galicia e o CSHG, Turismo de Galicia puxo en marcha dous novos programas Baixo o título “Menús Saudables” e […]
22 de Abril de 2016
Viviendas uso turístico

Vivendas de Uso Turístico: Definición, concepto de uso, requisitos e servizos mínimos

Presentación de Turismo de Galicia en formato PDF descargable DECRETO 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas […]
22 de Abril de 2016
charlaCETS

Sanxenxo acolleu unha charla informativa sobre as vivendas de uso turístico

Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver dúbidas respecto ao Decreto que regularía este tipo de aloxamentos […]
21 de Abril de 2016
Premios Camino de Santiago 2015

Turismo de Galicia convoca a segunda edición dos Premios Camiño de Santiago

Co obxectivo de promover a excelencia na atención ao peregrino e a adecuada xestión dos recursos ligados ao Camiño de Santiago, Turismo de Galicia convoca unha […]