Feira do Viño do Ribeiro, que este ano terá lugar entre o 29 de abril e o 1 de maio, deu a coñecer tanto o seu cartel oficial, obra de Alfredo León, de Navarra, como algunha das súas principais actividades. Entre elas, destaca, como novidade, a gala RibeiroRisas, que se celebrará o venres 29 de abril ás 23:30 horas no Auditorio do Castelo de Ribadavia. O evento contará cos monólogos a cargo de Tonhito de Poi, Isabel Risco e Fede Pérez. O público interesado en asistir a este evento poderá obter a súa entrada, a un prezo especial de 5?, presentando a copa ou o ticket de puntos (consumido ou sen consumir) que, previamente, poderá conseguir no recinto feiral.

Nesta edición nº 53 continúan tamén as actividades enogastronómicas ou showcookings nos que participarán os cociñeiros Carlos Maldonado, cociñeiro gañador da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef”.Héctor López, Alberto Lareo, Covadonga García, cociñeira finalista da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef Junior”, e o catador Nacho Costoya.

SÁBADO 30 DE ABRIL:

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING

(Para participar nas actividades de pago é imprescindible mercar as entradas na Oficina de Turismo (988471275 ou turismo@ribadavia.es) ou no stand de venta de tickets)

* Obradoiro con entrada.

Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

Sábado, día 30 de abril

13.00 h

Obradoiro de cociña *.

Imparte: Carlos Maldonado, cociñeiro gañador da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef”.

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h

Entrega de vídeos de adegas da D.O. Ribeiro

Recollerán as adegas e haberá un visionado do vídeo.

Os vídeos serán emitidos no programa Cousas de Comer de Telemiño

19.30 h

Obradoiro de cociña *.

Imparte: Héctor López, cociñeiro do Restaurante España, de Lugo, Grupo Nove, e xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns”.

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

DOMINGO 1 DE MAIO:

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS – SHOWCOOKING

Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

Domingo, día 1 de maio

13.00 h

Obradoiro de Cociña *.

Imparte: Alberto Lareo, cociñeiro do Restaurante Manso, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h

Obradoiro de cociña infantil.

Imparte: Covadonga García, cociñeira finalista da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef Junior”.

18.45 h

Presentación do Ciclo de F.P. “Aceites de Oliva e Viño”

Imparte: Persoal docente do I.E.S. Ribeiro

19.30 h

Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

Tamén se pode consultar toda a información na web do evento: http://feiravinoribeiro.com/

05 de Abril de 2016
040416_CartelFVR2016

A Feira do Viño do Ribeiro presenta cartel e actividades

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano terá lugar entre o 29 de abril e o 1 de maio, deu a coñecer tanto o seu […]
04 de Abril de 2016
Presentación Cruceros Costa Galicia

Abril marca o comezo dos primeiros cruceiros costeiros en Galicia

Xunta e AGAN pon en marcha dous itinerarios costeiros en abril e maio para contribuír á desestacionalización da oferta turística en Galicia Co obxectivo de continuar […]
01 de Abril de 2016

Modelos de adhesión e certificados de representante

Descarga
01 de Abril de 2016

Estatutos da Asociación “CTG – CLÚSTER EMPRESARIAL DE TURISMO DE GALICIA”

Descarga