En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española, Turismo de Galicia ofreceu unha sesión técnica informativa dirixida a todos os concellos costeiros galegos para dar conta dos cambios normativos que van entrar en vigor este ano e que suporán modificacións no proceso de obtención da Q de Calidade para as praias.

O director de Competitivdad de Turismo de Galicia, José Luís Mestre, e a directora técnica do ICTE, MariCruz Cádiz, foron os encargados de dirixir a actividade, que se celebrou no Centro Superior de Hostalería de Galicia.  No acto explicáronse as principais novidades introducidas para a obtención da Q de Calidade Turística en praias, certificación que xestiona o ICTE, debido á recente aprobación dun novo estándar de carácter internacional, a Norma UNE-ESO 13009:2016, que vén substituír á que se estaba aplicando, UNE 18700:2011, de carácter español.

Desta maneira, a certificación avanza cara a uns estándares internacionais, que afianzan a calidade das praias, outorgándolle un recoñecemento e unha visibilidade máis aló das fronteiras do territorio nacional. En base a esta normativa, o ICTE establece o seu esquema de certificación para a concesión da Q de Calidade Turística. Deste xeito, explicáronse aos asistentes os requisitos en cuestións como a accesibilidade, o balizamento, o plan de seguridade ou o plan de salvamento ou os primeiros auxilios.

12 de Maio de 2016
playa

A Xunta informa os cambios normativos para a obtención da Q de Calidade en praias

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española, Turismo de Galicia ofreceu unha sesión técnica informativa dirixida a todos os concellos costeiros galegos para dar […]
11 de Maio de 2016
clausura gastroforum CSHG

Máis de 400 participantes na primeira edición do GastroFÓRUM do CSHG

Catas e degustacións, pero tamén mesas redondas e debate ao redor da cociña galega, as súas tendencias e o seu futuro. A primeira edición do GastroFÓRUM […]
10 de Maio de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

DECRETO 48/2016 de ordenación dos albergues turísticos

Descarga
10 de Maio de 2016
infografia-perspectivas-espana-2016-kpmg

nternacionalización, novas tecnoloxías e creación de novos produtos, retos estratéxicos do sector turístico español para 2017

A carga regulatoria, a incerteza política e a competencia en liña sitúanse como as principais preocupacións que quitan o soño aos empresarios do sector turístico en […]