Baixo o título “Cinco anos de colaboración público-privada”, o Clúster Turismo de Galicia tamén protagonizará unha das 45 presentacións que se desenvolverán na caseta de Galicia de Fitur ao longo dos días dedicados ao sector profesional na Feira Internacional de Turismo, que terá lugar en IFEMA do 22 ao 27 de xaneiro.

A presentación do Clúster estará centrada na traxectoria que levou adiante esta entidade desde a súa creación, agora que acaba de cumprir o cinco anos de funcionamento. Durante este tempo o Clúster conseguiu aglutinar a máis do 95% do sector turístico galego, superando o medio centenar de entidades e as máis de 7000 empresas representas, o que lle permitiu funcionar como a verdadeira voz do turismo galego, especialmente de face á administración pública pero tamén diante doutras entidades de carácter autonómico e nacional.

A presentación terá lugar o venres, 25 de xaneiro, ás 13,30h, xusto despois da do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o que permitirá volver facer fincapé na boa sintonía alcanzada co goberno da Xunta para seguir impulsando o sector turístico galego cuxo peso económico o último informe de Exceltur cifraba en 6.341 millóns de euros, cunha subida do 9,6% respecto ao 2017, o que se traduce nun 10,4% do total do PIB da economía galega e o 11% do emprego.

Espazo de reunións
Ademais desta presentación o Clúster Turismo de Galicia mantén unha presenza moi activa na primeira cita profesional do ano a través da xestión do espazo de traballo co que, un ano máis, conta o sector galego para manter os seus encontros profesionais dentro da caseta de Galicia, anexo á zona de presentacións. A través da xestión de axenda e das mesas de traballo, os profesionais do sector poderán desenvolver durante os días dedicados ao sector profesional as súas reunións e encontros B2B en franxas de 30 minutos, para facilitar que todo aquel que o necesite poida dispor dun espazo acondicionado para este fin.

Descarga el programa de presentaciones en el stand de Galicia en Fitur 2019

22 de Xaneiro de 2019
LOGO FITUR 2019

O Clúster Turismo de Galicia aproveitará Fitur para facer balance de ano e de obxectivos alcanzados en cinco anos de traxectoria da entidade

Baixo o título “Cinco anos de colaboración público-privada”, o Clúster Turismo de Galicia tamén protagonizará unha das 45 presentacións que se desenvolverán na caseta de Galicia […]
21 de Xaneiro de 2019
outono gastronómico

O ‘Outono gastronómico’ rural pecha edición con case 5.000 participantes

O ‘Outono gastronómico en turismo rural’, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, pechou a súa edición 12 coa participación de 4820 persoas, que optaron por […]
18 de Xaneiro de 2019
20190117EspañaVerde

Galicia avanza coas comunidades da España Verde para reforzar durante 2019 a marca turística do norte peninsular

Galicia vén de participar nunha nova xuntanza da marca España Verde –a alianza turística que agrupa as comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia– […]
16 de Xaneiro de 2019
20190115EstudoImpacturExceltur_1

Exceltur revela a crecente contribución do turismo á economía galega ao xerar 6.341 millóns de euros, cunha suba do 9,6%

A Consellería de Cultura e Turismo e Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, presentaron hoxe en Santiago de Compostela o Estudo Impactur para Galicia, que analiza […]