O concello da Coruña, o Consorcio de Turismo da Coruña e a asociación de mariñas privadas do norte de España North Mariñas asinaron un convenio para a posta en marcha dunha ruta xacobea de navegación a vela. O proxecto, baixo o nome “Navega o Camiño”, suporá a creación deste novo produto turístico co que desde o municipio queren pór a Coruña como polo de atracción do turismo náutico.

O convenio de colaboración entre Turismo da Coruña e North Mariñas, asociación que agrupa os portos náuticos de Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias, permitirá que todos os navegantes que así o desexen poidan selar unha credencial para obter a Compostela a partir das 100 millas náuticas, a condición de que completen o percorrido con 10 quilómetros a pé até chegar a Santiago. Segundo indicou o responsable municipal Alberto Lema, “cremos que se trata dun proxecto moi beneficioso para a cidade a nivel de promoción turística, xa que axuntamos dous polos importantes de atracción, como son o Camiño Inglés a Santiago de Compostela e as rutas náuticas”.

O convenio inclúe a promoción da cidade como  destino nos salóns náuticos de Southampton, París, Dusserldorf e La Rochelle, así como noutros soportes promocionais do proxecto. A previsión do proxecto ‘Navega o Camiño’ é ampliar a rede de portos colaboradores máis aló da costa española e que en diante se somen localidades costeiras de Francia e Reino Unido, fortalecendo un produto turístico dirixido a potenciais peregrinos e afeccionados á náutica, que beneficiará a chegada de turistas internacionais á Coruña.

25 de Xullo de 2016
ruta martitima concello coruña

A Coruña aposta polo turismo náutico coa creación dunha ruta xacobea de navegación a vela

O concello da Coruña, o Consorcio de Turismo da Coruña e a asociación de mariñas privadas do norte de España North Mariñas asinaron un convenio para […]
22 de Xullo de 2016
CSHG logo

Convocadas bolsas de formación para o próximo curso académico do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia ofrece un total de 23 bolsas de formación para o seu próximo curso académico, unhas axudas que poden solicitarse […]
21 de Xullo de 2016
logo igape

IGAPE

“Esta empresa participa no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Programa Galicia Exporta […]
21 de Xullo de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “Asistencia técnica para a identificación dos grandes retos, a estratexia e a proposta de actuación para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020”

Aberto prazo para presentar candidaturas ata o 1 de agosto de 2016 Descarga o documento