Na súa aposta polo turismo astronómico a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, ven de instalar no Parque Nacional das Illas Atlánticas catro grandes planisferios estelares que facilitarán aos visitantes a observación e interpretación do ceo nocturno permitíndolles identificar cales obxectos celestes permanecen visibles e cales estarán ocultos nun momento determinado.

Concretamente, estas cartas estelares atópanse no Alto da Campá en Cíes; na zona de Caniveliñas, en Ons; en Punta Fradiño, en Cortegada; e na Aldea de Sálvora. Grazas á súa colocación, a contemplación das estrelas pode realizarse a calquera hora e día do ano, aproveitando unha visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, un espazo acreditado pola Unesco como destino Starlight.

Esta nova acción encádrase no marco das actividades para desenvolver produtos atractivos para o visitante baseados na observación e contemplación do ceo nocturno e as estrelas como charlas divulgativas e actividades de fotografía dos ceos durante a noite e están proxectados cursos de formación para guías e a elaboración de material informativo de apoio. Tamén se realizaron rutas starlight con astrónomos amateur con experiencia educativa nas Illas Cíes e nos cámpings deste e Ons se presentaron actividades pata familias e nenos baixo o título Descubrindo os nosos ceos.

12 de Abril de 2017
planisferio

A Xunta instala catro grandes planisferios estelares nas Illas Atlánticas para seguir impulsando o turismo astronómico

Na súa aposta polo turismo astronómico a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, ven de instalar no Parque Nacional das Illas Atlánticas […]
11 de Abril de 2017
expourense memoria anual

Balance moi positivo para Expourense que congregou 117.000 visitantes en 2016

O recinto feiral ourensán celebrou en 2016 11 feiras, tres delas de carácter internacional, dous salóns e vinte eventos que supuxeron que polas instalacións de Expourense […]
10 de Abril de 2017
sinatura.convenio.deputacion.cluster.turismo.04.para.web

Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do III Encontros Clúster Turismo de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro, que se celebrará o próximo 27 de abril O presidente do Clúster do Turismo de […]
07 de Abril de 2017
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “Asistencia Técnica integral do Clúster de Turismo de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia.

Aberto o prazo para presentar candidaturas ata o 22 de abril de 2017 Descarga os pregos