Co obxectivo de ofrecer unha actividade familiar que se poida realizar nas datas de Nadal, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) organiza o curso “Cociña en Familia”, dirixido a adultos e menores de 16 anos, que se celebrará do 26 ao 28 de decembro.

Impartida polo cociñeiro e propietario da Arrocería Vos Cachivaches, Alejandro Méndez, elcurso terá unha duración de dous días, durante tres horas cada día, en horario de 18.30 a 21.30 horas. En total 6 horas que lles permitirán aos interesados gozar dunha actividade diferente, achegándose ao Nadal desde a cociña.

O prezo para o adulto máis o neno menor de 16 anos é de 90 euros, mentres que se agarraches condos menores o prezo será de 100 euros. Os socios da APEHL teñen un desconto do 15%. O prazo para formalizar a inscrición está aberto a través do teléfono 982 226 912

07 de Decembro de 2016
cocina familiar lugo

Curso de cociña en familia en Lugo

Co obxectivo de ofrecer unha actividade familiar que se poida realizar nas datas de Nadal, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo […]
03 de Decembro de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Asistencia Técnica para a posta en marcha dun sistema de mellora da comercialización turística on line e explotación estadística da información asociada

Resolución: DESERTO   O prazo para presentar candidaturas remata o 7 de novembro. Descarga pregos
03 de Decembro de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

Asistencia Técnica para o desenvolvemento dunha campaña de promoción, formato Workshop, en destinos de proximidade

Resolución: DESERTO O prazo para presentar candidaturas remata o 7 de novembro. Descarga pregos
02 de Decembro de 2016
foto_cheche_premio_fehr

O presidente da APEHL, galardoado nos Premios Nacionais de Hostalaría

Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) recibiu o galardón na categoría de Directivo de Asociación Federada nos […]