Segundo publica o portal especializado en turismo rural, TopRural a partir da análise de 261.357 opinións publicadas no buscador ‘en liña’ de aloxamentos rurais, Navarra, Asturias e Galicia son as comunidades autónomas mellor valoradas para gozar do turismo rural. Estas valoracións baséanse nunha puntuación sobre 5, de modo que Navarra obtivo un 4,372; Asturias, un 4,711 e Galicia, un 4,699. A lista das 10 comunidades con mellor valoración complétana Cataluña, Aragón, Castela e León, País Vasco, Canarias, Comunidade Valenciana e A Rioxa.

Ademais do número de opinións analizadas tamén se analizou a valoración dos clientes respecto de certas características dos aloxamentos. Entre elas figura a calidade do soño, aspecto no que destacan A Coruña, Burgos e Biscaia; así como a limpeza, con Burgos, A Coruña e Navarra como provincias mellor valoradas neste aspecto, do mesmo xeito que en trato do propietario e relación calidade/prezo.

28 de Agosto de 2017
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Navarra, Asturias e Galicia son as comunidades autónomas mellor valoradas para facer turismo rural, segundo Toprural.

Segundo publica o portal especializado en turismo rural, TopRural a partir da análise de 261.357 opinións publicadas no buscador ‘en liña’ de aloxamentos rurais, Navarra, Asturias […]
25 de Agosto de 2017
Ponte-no-Rio-Eume-Viveza

560.000 euros para promocionar o seis xeodestinos da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña fixo público o programa de subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade e […]
24 de Agosto de 2017
Cierre Baiona Ruta Presume de Galicia 2017

Presume de Galicia conclúe a súa ruta en Baiona cun balance moi positivo

A iniciativa permitiu incrementar a visibilidade da comunidade de Presume de Galicia e o número de presumidores e fotografías compartidas Ruta Presume de Galicia percorreu un […]
23 de Agosto de 2017
CaminandoEntreVinhedos03

Máis de cincuenta persoas participaron nunha nova xornada de Camiñando entre viñedos

Máis de medio centenar de persoas participaron onte na xornada Camiñando entre viñedos organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, unha xornada de sendeirismo de dificultade […]