A demanda hostaleira en Galicia experimentou un crecemento próximo aos dous puntos no pasado mes de xaneiro, cando se rexistrou “o nivel de ocupación máis elevado do últimos once anos”, segundo indicou a Xunta de Galicia a partir dos datos extraídos do INE. Estes datos sérvenlles ao goberno autonómico para destacar o avance na desestacionalización que se produciu nos últimos tempos, consolidando o atractivo de Galicia fóra da tempada alta.

“A demanda turística creceu por encima da media española no primeiro mes ata superar as 300.000 noites”, valorou a Consellería de Cultura e Turismo. Ao seu xuízo, “son os mellores valores da década en xaneiro e dan continuidade aos crecementos rexistrados en novembro e decembro, reforzando deste xeito o bo comportamento da demanda en tempada baixa”.

Destaca, ademais, o bo comportamento dos viaxeiros, que se incrementaron en xaneiro en 1,7% fronte á caída nacional de 1,4%, o que permitiu pechar un mes de xaneiro en positivo, seguindo coa liña de crecemento que marcaron o últimos catro anos. Segundo estes datos, mellorouse tanto no mercado interno como no internacional, cun crecemento do 5,3% de viaxes dos propios galegos, que marcaron un record en pernoitas, 124 mil, a cifra máis alta da última década.

En canto aos viaxeiros internacionais, Galicia afiánzase como destino cada vez máis internacional cun crecemento do 6,2 %”, representando case o 20 % da totalidade dos viaxeiros que chegaron, un máximo histórico”. De maneira paralela, as tarifas hostaleiras creceron en xaneiro un 2,3%, circunstancia que leva aos establecementos para mellorar os seus niveis de rendibilidade un 3% (medido a través do RevPAR, o ingreso medio por habitación dispoñible), a cifra máis elevada da década.

26 de Febreiro de 2019
ortigueira-vistas-centro-1600x750

2019 comeza en Galicia coa mellor ocupación en 11 anos

A demanda hostaleira en Galicia experimentou un crecemento próximo aos dous puntos no pasado mes de xaneiro, cando se rexistrou “o nivel de ocupación máis elevado do […]
25 de Febreiro de 2019
saida_visita_noia

Hostalería Compostela asina un acordo co Concello de Noia para a promoción de excursións gratuítas desde Santiago

A Asociación Hostalería Compostela asinou un acordo de colaboración co Concello de Noia para promocionar excursións gratuítas dun día á vila mariñeira desde Santiago. O obxectivo […]
22 de Febreiro de 2019
albergues camino santiago

Investimentos e plan de seguridade: continúan os traballos para a posta a piques dos Camiños de Santiago de face ao Xacobeo2021

Galicia investirá 15,6M? para que todos os itinerarios do Camiño de Santiago cheguen ao Xacobeo 21 nas mellores condicións A Consellería de Cultura e Turismo propón […]
21 de Febreiro de 2019
Visita Parlamento de Galicia

Visita institucional do Clúster Turismo de Galicia ao Parlamento galego

Unha ampla representación do Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia desprazouse até o Parlamento de Galicia para unha visita de carácter institucional que serviu a […]