O presidente, Juan Gil de Araujo, e o alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández, formalizaron hoxe o convenio de adhesión polo que o municipio pontevedrés pasa a formar parte deste itinerario enoturístico. Gil de Araujo mostrouse moi satisfeito por “sumar un novo asociado á Ruta do Viño Rías Baixas. Isto quere dicir que hai interese no traballo que estamos a desenvolver para promocionar a nosa ampla oferta enogastronómica”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Fernández indicou que este convenio axudará a “pór en valor o territorio vitivinícola do Concello de Barro e abrir as portas a que as adegas e establecementos poidan desenvolver o seu labor en prol do enoturismo”. O rexedor aproveitou a oportunidade para convidar á Ruta do Viño Rías Baixas a unha das súas celebracións máis destacadas, a Festa do Viño de Barro, que se desenvolverá o próximo mes.

Grazas a este acordo, tamén se poderán unir a esta asociación sen ánimo de lucro diversos establecementos localizados no municipio de Barro. “Por tanto, o seguinte paso será reunirnos con adegas e empresas hostaleiras e hoteleiras para presentarlles o noso proxecto enoturístico e tramitar a súa posible adhesión”, indicou Juan Gil de Araujo. Cabe lembrar que aquelas empresas interesadas en adherirse á Ruta do Viño Rías Baixas deberán superar previamente unha auditoría coa que se busca garantir que as instalacións e servizos ofertados cumpren cos requisitos mínimos de calidade e atención aos visitantes especificados no manual de produto de Rutas do Viño de España.

26 de Maio de 2017
ConvenioBarro01

A Ruta do Viño Rías Baixas incrementa a súa lista de socios co Concello de Barro

O presidente, Juan Gil de Araujo, e o alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández, formalizaron hoxe o convenio de adhesión polo que o municipio […]
25 de Maio de 2017
Invitación Gira Hotelaria Galicia 31 de mayo

O CSHG acolle a cuarta xornada da Xira Hoteleria para falar sobre distribución hoteleira

Compostela acollerá o próximo 31 de maio o cuarto foro da Xira Hoteleria, unha iniciativa dirixida ao sector hoteleiro onde importantes empresas do sector danse cita […]
24 de Maio de 2017
INE abril

Mellora de rendibilidade pero non de ocupación nos hoteis galegos no mes de abril

Melloran os datos de rendibilidade do sector hoteleiro galego no mes de abril, cunha taxa de variación anual do Índice de Prezos Hoteleiros dun +7,4%. Do […]
24 de Maio de 2017
imagotipo_turismo_galicia1

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de ?Asistencia Técnica para a organización dunha misión comercial na Feira internacional WTM London 2017? coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia

Aberto prazo para presentar candidaturas ata o 8 de xuño Descarga os pregos