A Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e a Naviera Nabia ven de asinar un acordo polo cal as casas asociadas a FEGATUR poderán beneficiarse da venda de billetes as Illas Cíes, Illas Ons e outras excursións organizadas por esta empresa a través da súa plataforma a un mellor prezo.

A través deste acordo, FEGATUR pretende aumentar o número de noites do turista en establecementos de turismo rural facilitando a reserva e compra de excursións pola ría e billetes para coñecer o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas Atlánticas de Galicia, sen necesidade de cambiar ou buscar outro aloxamento, ofrecendo alternativas ao turista para prolongar a súa estancia en Galicia.

O acordo supón unhas condicións máis vantaxosas para os clientes de turismo rural que tramiten os seus billetes a través das casas federadas. Éstes disporán dun código de desconto especial que deberán solicitar a FEGATUR.

Ao mesmo tempo a Naviera Nabia tamén pon a nosa disposición o seu escaparate para mostrar o turismo rural a todos aqueles que vaian en algun barco da compañía. Neste sentido está a traballarse nunha campaña de promoción a través de diferentes concursos que terán lugar ao longo do verán, seguindo a iniciativa do ano pasado, Turismo Rural, Agora Tamén

19 de Xuño de 2017
acuerdo fegatur naviera nabia

Acordo entre Naviera Nabia e FEGATUR para incrementar as estancias no turismo rural

A Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e a Naviera Nabia ven de asinar un acordo polo cal as casas asociadas a FEGATUR poderán beneficiarse da […]
15 de Xuño de 2017
Blogtrip02

Bloggers ingleses descobren a Ruta do Viño Rías Baixas e a Mancomunidade do Salnés

Catro bloggers ingleses descubriron estes días as potencialidades da Ruta do Viño Rías Baixas e a mancomunidade do Salnés nunha visita coorganizada por Turespaña en Reino […]
14 de Xuño de 2017
lecer galicia calidade

A plataforma Lecer de Galicia Calidade incorpora 12 novos establecementos turísticos

O selo Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía Emprego e Industria, acaba de incorporar 12 novos establecementos turísticos dentro da marca Lecer, que agrupa establecementos […]
13 de Xuño de 2017
informe indicadores IGE

O IGE publica un estudo sobre o impacto do turismo no territorio galego

Catro zonas do territorio galego Ría de Arousa, Terras de Santiago, A Coruña e as Mariñas e a Ría de Vigo e Baixo Miño aglutina o […]