Co obxectivo de contribuír á desestacionalización do destino e impulsar o turismo de patrimonio, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha nova iniciativa para dar a coñecer os cemiterios históricos na provincia, unha campaña baixo o título “Visitas singulares: cemiterios históricos das Rías Baixas” coa que a súa presidenta, Carmela Silva, asegurou que “pretende difundir o enorme valor cultural que teñen estes espazos” á vez que mostra a realidade e a potencialidade das Rías Baixas.
Así, a entidade provincial vai levar a cabo unha acción de promoción e divulgación de seis cemiterios singulares da provincia de Pontevedra entre os que se atopan o de Santa Mariña Dozo (Cambados), o cemiterio dos Ingleses (Vilagarcía de Arousa), o de San Mauro (Pontevedra), de Pereiró (Vigo), o de Vos Eidos (Redondela) e o de Arcos de Furcos (Cuntis). A campaña de difusión levará a cabo tanto a través da web de Turismo Rías Baixas e as súas redes sociais como a través de visitas guiadas.
A primeira delas tivo lugar o sábado, 21 de outubro, no cemiterio histórico de Cambados, onde tivo lugar tamén un concerto no auditorio de Cambados do grupo Cómplices, co nome de Claves líricas, ás 20:00 horas, no que o grupo fará unha interpretación musical e poética sobre Valle-Inclán para o cal Cómplices contou coa colaboración de Javier do Valle-Inclán, neto do escritor cuxa nai e un dos seus fillos están enterrados neste cemiterio cambadés, declarado Monumento Histórico Artístico desde 1943 e incluído na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa.
Esta foi a primeira das actividades pero seguiranlle actividades nos de Pereiró, o camposanto máis extenso de Vigo, o cemiterio de San Mauro, en Pontevedra, obra de Alejandro Rodríguez Sesmero, o arquitecto artífice do Pazo da Deputación; o cemiterio dos Ingleses reflicte a pegada da Armada británica en Vilagarcía de Arousa a comezos do século XX. Pecharán as visitas o de Vos Eidos, en Redondela, trátase dun espazo con panteóns de gran valor artístico realizados por canteiros da zona e o cemiterio de Arcos de Furcos (Cuntis) que destaca por ser o único subterráneo de Galicia.

25 de Outubro de 2017
cartel cementerios singulares

A Deputación de Pontevedra impulsa unha iniciativa para dar a coñecer os Cemiterios Históricos da provincia

Co obxectivo de contribuír á desestacionalización do destino e impulsar o turismo de patrimonio, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha nova iniciativa para dar a […]
24 de Outubro de 2017
Qué ver Galicia Turismo Familiar

O Selo Galicia Destino Familiar pon en marcha dúas novas ferramentas para dar a coñecer esta oferta especializada

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, acaba de lanzar a nova web e a app na que se recolle a oferta especializada neste segmento […]
23 de Outubro de 2017
Camino de Santiago 02

Programa especial cheo de actividades para conmemorar o 30 aniversario do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

Compostela acollerá ata o próximo 18 de novembro un completo programa composto por unha serie de seminarios, congresos e actividades con motivo da celebración do 30 […]
20 de Outubro de 2017
BTTNuevaFecha-1080x675

Aprazada a BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Como consecuencia dos incedios que afectaron á subzona do Condado do Tea, onde se vai a celebrar a cita deportiva, a Ruta do Viño Rías Baixas […]