Catas comentadas de viños e sendeirismo centran a oferta de Enoturismo Galicia, marca paraugas impulsada co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia e que axunta o cinco rutas do viño galegas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), con motivo da celebración do Día Europeo do Enoturismo, que se conmemora este domingo 12 de novembro. A través das actividades especiais preténdese, unha vez máis, pór de relevo a calidade da enogastronomía do conxunto da comunidade galega.
Así, na Ruta do Viño de Ribeira Sacra celébrase o venres 10 unha cata de catro viños de adegas asociadas conducida polo catador Bruno Lobelle e que se desenvolve no Centro nela degustaranse catro elaboracións diferentes mentres que a Ruta do Viño Rías Baixas organiza unha cata comentada de viños a bordo dun catamarán, que sairá desde o porto do Grove ese mesmo día. Xa para o domingo, a Ruta do Viño de Ribeira Sacra ofrece un día diferente cunha Xornada Enoturística. Esta comprenderá unha ruta de sendeirismo PR-G 86 Carreiro dos viñedos de Ribeira Sacra, de 12 quilómetros de percorrido, ademais dunha visita a unha adega e comida en Doade. Esta actividade ten un custo de 20 euros. Para participar na actividade, é necesario realizar reserva previa en rutavino@ribeirasacra.org ou no teléfono 698 167 991.
Mentres, en Rías Baixas, o domingo 12 desenvolverase o V Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que congregará no Salón de Congresos e Exposicións José Pena de Cambados un centenar de amantes do enoturismo. Os asistentes porán a proba os seus dotes de catadores tentando recoñecer en cata a cegas 3 dos 5 viños que se degustarán. Os gañadores conseguirán premios en forma de enopacks. A actividade é gratuíta e xa ten os seus cen prazas cubertas, habendo mesmo interesados en lista de espera.

10 de Novembro de 2017
enoturismo

Catas de viño e sendeirismo para celebrar o día europeo do enoturismo

Catas comentadas de viños e sendeirismo centran a oferta de Enoturismo Galicia, marca paraugas impulsada co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e a Axencia […]
09 de Novembro de 2017
dia mundial calidad

Expourense celebrou o Día Mundial da Calidade entregando o V Premios “Líderes en Calidade”

Baixo a lema “Liderar en tempos de cambio”, Ourense acolleu un acto de celebración do Día Mundial da Calidade 2017 no que tamén se fixo entrega […]
08 de Novembro de 2017
20171107_141940

Máis de 25 encontros múltiples agendados entre profesionais do sector turístico galego e turoperación internacional

A través do servizo de axenda ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia aos empresarios que participaban na misión comercial á World Travel Market, nesta edición hanse […]
08 de Novembro de 2017
mision comercial WTM 2017

O mercado británcio busca en oferta turística galega experiencias diferenciadas, auténticas e de calidade

A misión comercial impulsada polo Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres conclúe con máis de 25 encontros con turoperadores do mercado británico […]